Alfonso Quintas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Alfonso Quintas
Nacemento1882
Lugar de nacementoVigo
Falecementonovembro de 1929
Lugar de falecementoVigo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico e xornalista
FillosDaniel Quintas Calvo
IrmánsJosé Quintas da Vila
editar datos en Wikidata ]

Alfonso Quintas da Vila, nado en Vigo en 1882 e finado no mesmo concello en novembro de 1929[1], foi un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Irmán de José Quintas da Vila. Foi presidente da Juventud Republicana de Vigo (1904). Pertenceu á directiva da Sociedade La Oliva. Dirixiu o periódico El Pueblo. Foi elixido concelleiro de Vigo nas eleccións municipais de 1913, adscribíndose ao grupo republicano. Con motivo da folga xeral de 1917 foi detido en agosto con Waldo Gil e Juan Carón, e foron postos en liberdade en setembro.[2] Foi interventor e despois director xerente do Banco de Vigo.[3] Finou en Vigo aos 47 anos de tuberculose pulmonar.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Andrea Calvo en 1917 e foi pai de Daniel Quintas Calvo.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Pueblo Gallego, 26-11-1929, p. 2.
  2. El Correo de Galicia, 24-9-1917, p. 2.
  3. El Progreso, 27-11-1929, p. 2.
  4. El Diario de Pontevedra, 5-2-1917, p. 2.