José Pose Miguens
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | c. 1908 Padrón, España |
| Morte | 12 de setembro de 1936 Santiago de Compostela, España |
| Causa da morte | pena de morte, ferida por arma de fogo |
| Actividade | |
| Ocupación | carpinteiro, sindicalista |
| Membro de | |
José Pose Miguens, nado en Padrón cara a 1908 e finado en Santiago de Compostela o 12 de setembro de 1936, foi un carpinteiro e sindicalista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Membro do Sindicato de Oficios Varios de Padrón (CNT). Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en Compostela por rebelión o 7 de setembro con Faustino Liste Forján, José Tourís Castro, Serafín Mariño Santos, Daniel Caamaño Eiras e Luis García Abella, acusados de ser os autores do asalto ao tren en Osebe nas datas do golpe de Estado,[1][2] foi condenado a pena de morte e executado en Compostela con Xoán Xesús González, Faustino Liste, José Tourís e Serafín Mariño o 12 de setembro de 1936.[3]