Daniel Caamaño Eiras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaDaniel Caamaño Eiras
Biografía
NacementoPadrón, España Editar o valor em Wikidata
Morte22 de outubro de 1936 Editar o valor em Wikidata
San Xurxo de Vea, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiJaime Caamaño Comparada Editar o valor em Wikidata
IrmánsManuel Caamaño Eiras Editar o valor em Wikidata

Daniel Caamaño Eiras, coñecido como Filiado, nado en Padrón e finado en San Xurxo de Vea (A Estrada) o 22 de outubro de 1936, foi un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Jaime Caamaño Comparada. Ao producirse o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, formou parte do Comité da Frente Popular que intentou oporse ao golpe. Foi detido e internado na prisión de Padrón. Foi xulgado en consello de guerra en Santiago de Compostela o 7 de setembro por rebelión militar, con José Pose Miguens, Faustino Liste Forján, Serafín Mariño Santos, José Tourís Castro e Luis García Abella, acusados de ser os autores do asalto ao tren en Osebe nas datas do golpe de Estado.[1] José Pose, Faustino Liste, José Tourís e Serafín Mariño foron condenados a pena de morte e executados en Compostela o 12 de setembro de 1936 e Luis e Daniel foron condenados a cadea perpetua. Foi sacado da prisión e paseado na Baliña de San Xurxo de Vea o 22 de outubro de 1936, o seu cadáver apareceu cun tiro na caluga.[2]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Estaba casado e tiña tres fillos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Ideal Gallego, 8-9-1936, p. 5.
  2. Os 6 da Ponte do Regueiro

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]