José Pardo Gayoso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
José Pardo Gayoso
Nacemento25 de marzo de 1904
 A Coruña
Falecemento8 de setembro de 1978
 Houston
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico e médico
editar datos en Wikidata ]

José Pardo Gayoso, nado na Coruña o 25 de marzo de 1904 e finado en Houston o 8 de setembro de 1978, foi un médico e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Alejandro Pardo Laborde. Fixo o bacharelato no Instituto da Coruña. Estudou Medicina na Universidade de Santiago de Compostela e na Universidade de Valladolid, onde rematou os estudos en 1925. Ingresou na Escola Nacional de Sanidade en 1927,[1] e foi inspector provincial de Sanidade en Teruel e Cáceres. Tivo unha bolsa da Fundación Rockefeller para estudos de pediatría social. En 1932 dirixiu o consello local de Acción Republicana de Teruel, logo ingresou en Izquierda Republicana. Nas eleccións de febreiro de 1936 foi elixido deputado por Izquierda Republicana por esa provincia. Foi nomeado de subdirector da Sección Central de Hixiene Materno-Infantil da Dirección Xeral de Sanidade. Ao remate da guerra civil exiliouse en Venezuela, onde desempeñou traballos como pediatra do Ministerio de Asistencia Social en Mérida, Andes, Maracaibo e no Hospital de Trujillo, onde foi director da Revista de la Sociedad Médica de Trujillo. Revalidou os estudos de Medicina na Universidade Central de Caracas e abriu consulta como médico privado en Caracas. Regresou a España, pero faleceu en Estados Unidos logo dunha intervención cirúrxica. E autor de libros e artigos médicos.

Obras[editar | editar a fonte]

  • "La lepra y el niño", en Semana de la Lepra, 1941 (1943) Caracas: Editorial Bolívar, 75-86.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, 10-12-1927, p. 1.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]