José Mateo Mariñas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Mateo Mariñas
Biografía
Nacemento8 de setembro de 1918 Editar o valor em Wikidata (105 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , político Editar o valor em Wikidata

José Mateo Mariñas Ferrero, nado o 8 de setembro de 1918, foi un xornalista e político español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Incorporouse ao PSOE en 1935. Nos anos corenta residía en Lugo e foi o contacto do partido para organizar a Federación Provincial do PSOE de Lugo, con Manuel Cobas Rodríguez, Luis Fernández del Valle, Graciano Leivas Freire, Antonio Vidal Vilas e outros. Acusados de rebelión, Cobas, Mariñas e Vidal foron condenados a seis meses e un día, e Luis foi condenado a nove meses de prisión. En 1949 foi nomeado correspondente en España do semanario mexicano Claridad e trasladouse a Madrid.[1] Dende xullo de 1949 enviou crónicas de Madrid para El Progreso.[2] Foi crítico taurino. Restablecida a democracia formou parte da Agrupación Socialista de Chamartín (Madrid). Traballou como xornalista en TVE. Foi elixido vicepresidente da Unión de Periodistas en abril de 1978.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Progreso, 28-4-1949, p. 2.
  2. El Progreso, 7-7-1949, p. 4.
  3. Elegida la junta directiva de la Unión de Periodistas

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]