Saltar ao contido

José María Soler García

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJosé María Soler García

(2007) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento30 de setembro de 1905 Editar o valor en Wikidata
Villena Editar o valor en Wikidata
Morte25 de agosto de 1996 Editar o valor en Wikidata (90 anos)
Villena Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónantropólogo, historiador, arqueólogo, lingüista, arquiveiro Editar o valor en Wikidata

BNE: XX865799

José María Soler García, nado en Villena (Alacant) o 30 de setembro de 1905 e finado no mesmo lugar o 25 de agosto de 1996, foi un arqueólogo, historiador, investigador, lingüista e folclorista español. É a persoa que estudou Villena e a súa comarca en maior profundidade e nun maior número de eidos, xa que todas as súas investigacións foron sempre na dirección de escrutar todo o que concernía á súa cidade natal.

Fundou o museo arqueolóxico da cidade, ao que se lle deu o seu nome na súa honra despois de que descubrira o Tesouro do Cabezo Redondo e o de Villena. A Fundación municipal José María Soler,[1] constituída tras a súa morte, ten como misión manter o seu legado cultural e convoca cada ano Premios de Investigación en varios niveis sobre a cidade e a área circundante.[2]

Biografía

[editar | editar a fonte]

Naceu en 1905, fillo dun avogado villenense. Na súa xuventude distinguiuse pola súa participación en varias actividades culturais, escribiu na prensa local e foi director dun grupo teatral de afeccionados. Xa naquel momento era popular na cidade pola súa cultura e coñecementos. Ingresou en Correos en 1917 en Madrid e en 1925 foi destinado a Villena. Durante esta época traballaba repartindo correo e pasaba moitas horas na biblioteca do casino de Cieza.[3] En 1936 chegou a Xefe de Correos de Villena.

Durante a guerra civil foi mobilizado polo exército republicano, aínda que só realizou funcións postais. Ao volver a Villena en 1939 foi deposto do seu posto en Correos e encarcerado "polo seu auxilio á rebelión", aínda que foi liberado pouco despois. É entón, durante os primeiros anos da posguerra e coa cidade dominada por unha minoría triunfadora coa que estaba en desacordo, cando se reclúe no seu domicilio e comeza as súas primeiras indagacións históricas e arqueolóxicas. Para gañarse a vida, tivo que traballar como profesor dunha academia privada, e posteriormente como contable e xefe de oficina, entre outros pequenos labores.[4]

Ademais, foi cronista e arquiveiro de Villena desde 1950 e tamén, desde ese mesmo ano, comisario local de escavacións arqueolóxicas. En 1957 fundou o museo arqueolóxico cos materiais que fora recopilando desde 1940. Ao descubrir, en 1963, primeiro o Tesouro do Cabezo Redondo e logo o de Villena, foi designado 'director perpetuo' do museo, que pasou a chamarse na súa honra Museo Arqueolóxico "José María Soler". Sempre permaneceu solteiro e residiu, xunto a unha irmá tamén solteira, na súa mesma casa natal. Xa desde a década de 1950 pertenceu a diversos centros e institucións provinciais e autonómicas da Comunidade Valenciana. En 1970 recuperou de maneira simbólica o seu posto en Correos, dado que xa se xubilara.[4] Seguiu investigando e publicando practicamente até a súa morte, que ocorreu en 1996. Os seus restos descansan no Panteón de Ilustres de Villena.[5]

Traxectoria persoal

[editar | editar a fonte]

Arqueoloxía

[editar | editar a fonte]
Entrada do Museo Arqueolóxico "José María Soler".
Conxunto do Tesouro de Villena.
Mapa dos sitios arqueolóxicos do termo de Villena, a maioría dos cales son achados de Soler.

En 1939, tras a guerra civil española, Soler dedicou a maior parte da súa actividade investigadora á arqueoloxía da zona. Durante moitos anos realizou unha notable tarefa de campo dedicada á prospección da comarca villenense, descubrindo poboados e restos prehistóricos entre os que destacan o máis antigo, a Cova do Cochino, un asentamento da época musteriana no Paleolítico medio e o excepcional poboado de Bronce coñecido como Cabezo Redondo, cunhas singulares circunstancias que o converten nun dos máis importantes desta época en España.

Non menos de vinte asentamentos prehistóricos foron descubertos dentro da comarca villenense por José María Soler e neles efectuou un meritorio labor de escavación e estudo, cuns resultados tanxibles que poden admirarse no Museo Arqueolóxico. Alí atópanse os abundantes materiais provenientes dos descubrimentos e escavacións realizados por Soler, nunha tarefa levada a cabo persoalmente, co esporádico auxilio dalgún colaborador e practicamente sen medios nin axudas oficiais.

O seu principal achado foi o Tesouro de Villena, encontrado en 1963, e que, composto por 66 pezas, case a totalidade de ouro, constitúe o tesouro de vaixela áurea máis importante de España e o segundo de toda Europa, só superado polo das Tumbas Reais de Micenas, Grecia.[6]

Publicacións

[editar | editar a fonte]

Soler escribiu varios libros acerca dos seus traballos arqueolóxicos, algúns outros de investigación histórica ou folclórica e incluso un dicionario sobre as variantes dialectais do castelán en Villena. Ademais, pronunciou decenas de conferencias e escribiu centos de artigos en periódicos e revistas de moi variada índole, tanto a nivel local como rexional e estatal. A continuación segue unha lista dos seus libros publicados:[7]

  • Arqueoloxía
    • 1956. El yacimiento musteriense de "La Cueva del Cochino" (Villena-Alicante)
    • 1965. El tesoro de Villena
    • 1969. El oro de los tesoros de Villena
    • 1981. El Eneolítico en Villena
    • 1987. Excavaciones arqueológicas en el Cabezo Redondo (Villena, Alicante)
    • 1991. La Cueva del Lagrimal
    • 1993. Guía de los yacimientos y del Museo de Villena
  • Historia
    • 1948. Crónica de las Fiestas de septiembre de 1948
    • 1969. La Relación de Villena de 1575
    • 1976. Villena: Prehistoria - Historia - Monumentos
    • 1981-1988. Historia de Villena
    • 1993. La colección numismática de José Mª Soler
    • 2006. Historia de Villena: desde la Prehistoria hasta el siglo XVIII (reed. 2009)
  • Lingüística
    • 1993. Dicionario villenero (reed. 2005)
  • Música e folclore
    • 1979. El Polifonista villenense Ambrosio Cotes
    • 1986. Cancionero popular de Villena (reed. 2005)[8]
  • Temas varios
    • 1958. Bibliografía de Villena y su Partido Judicial
    • 1976. I Congreso Nacional de Fiestas de Moros y Cristianos
    • 1984. Soldadescas, Comparsas y Toros

Condecoracións

[editar | editar a fonte]

Entre outras de menor entidade, as distincións máis importantes que recibiu foron as seguintes:

Ademais, o Concello de Villena dedicoulle unha rúa do centro en 1979.

  1. "Páxina da Fundación municipal José María Soler". Arquivado dende o orixinal o 07 de outubro de 2018. Consultado o 25 de marzo de 2012.
  2. "La Fundación José María Soler convoca los premios de investigación". Diario Información (en español). 17 de abril de 2009. Arquivado dende o orixinal (html) o 27 de maio de 2012. Consultado o 25 de marzo de 2012.
  3. Soler García, José María. Autobiografía de José María Soler García. Edición dixital: Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes, 2005. Consultado o 25 de marzo de 2012.
  4. 1 2 3 4 Rojas, Alfredo; Vicente Prats (2002). Apadis, M.I. Ayuntamiento de Villena e C.A.M., ed. De Villena y los Villeneros (1ª ed.). Villena. ISBN 84-607-4789-1.
  5. "Los restos de Soler serán trasladados al Panteón de Ilustres". El Periódico de Villena. 6 de abril de 2006. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 25 de marzo de 2012.
  6. Decreto 66/2005, de 1 de abril, polo que se declara Ben de Interese Cultural a Colección Arqueolóxica do Tesouro de Villena
  7. Fundación Municipal José María Soler (2009). "Legado y obra". Arquivado dende o orixinal o 12 de febreiro de 2012. Consultado o 25 de marzo de 2012.
  8. "Presentado el Cancionero de Soler". El Periódico de Villena. 6 de febreiro de 2006. Arquivado dende o orixinal o 01 de marzo de 2012. Consultado o 25 de marzo de 2012.
  9. Editorial Prensa Valenciana, ed. (2009). "Cancionero Popular de Villena". Gran Enciclopedia Temática da Comunidade Valenciana. Literatura.
  10. 1 2 3 Soler García, José María (2006). Fundación Municipal José María Soler - Dixitalizado pola Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes, ed. "José María Soler García. Villena (1905-1996)" (PDF). Historia de Villena: desde la Prehistoria hasta el siglo XVIII (en español). Arquivado dende o orixinal (pdf) o 24 de febreiro de 2012. Consultado o 25 de marzo.
  11. Stiftung F.V.S. Zu Hamburg (1982). Montaigne-Preis - Dixitalizado pola Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes, 2005, ed. "Verleihung des Montaigne-Preises 1982 an Señor Don José María Soler García, Villena und des Montaigne-Studienstipendiums an Pedro Marco, Villena, am 11.Dezember 1981 in Madrid" (html) (en alemán e español). Consultado o 25 de marzo de 2012.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]