José Manuel Silva Losada
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1897 (126/127 anos) Cambados, España |
Alcalde de Cambados | |
15 de marzo de 1936 – xullo de 1936 ← Juan Salgado Pérez – Manuel Silva Núñez → | |
Datos persoais | |
Outros nomes | Sakuska |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | empresario , político |
Lingua | Lingua castelá |
José Manuel Silva Losada, coñecido como Sakuska, nado en Cambados cara a 1897, foi un empresario e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Emigrante na Arxentina, ao seu regreso foi propietario da empresa de autobuses Plus Ultra, que cubría a liña entre Cambados e Pontevedra. Posteriormente montou o Café Sakuska e máis tarde puxo un coche de servizo público. Secretario da Agrupación Socialista de Cambados, co triunfo do Frente Popular nas eleccións de febreiro de 1936, foi nomeado concelleiro e elixido alcalde de Cambados o 15 de marzo.[1]
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. O 24 de setembro foi posto a disposición do comandante militar de Pontevedra polo delegado de Orde Pública xunto a Elías Porto Trigo e Antonio Chaves del Río, detidos no cárcere de Cambados. Foi xulgado en Consello de guerra o 10 de decembro de 1936, con Antonio Chaves del Río, Peregrino Pontevedra González, Juan José Varela Oubiña, Manuel Bugallo Martínez e Manuel Martínez Piñeiro.[2] Condenado a cadea perpetua, pasou polo campo de concentración da Illa de San Simón, foi trasladado ao penal de San Cristóbal de Pamplona en maio de 1937, para finalmente cumprir condena na Prisión Central de Figueirido dende xullo de 1940, de onde saíu en liberdade provisional en 1941.[3] Despois dedicouse a seguros, representacións e outros negocios.[4]
Predecesor: Juan Salgado Pérez |
Alcalde de Cambados 1936 |
Sucesor: Manuel Silva Núñez |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Pueblo Gallego, 18-3-1936, p. 15.
- ↑ El Pueblo Gallego, 11-12-1936, p. 9.
- ↑ "Orden de 2 de septiembre de 1941 por la que se concede libertad condicional provisional a ciento ochenta y ocho penados", BOE, 24-9-1941, p. 7374.
- ↑ Manolo Silva corrixe á prensa
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Domínguez Pereira, Jacobo (2004). Un pobo deitado ó sol, á beira do mar. A Segunda República en Cambados. Cambados: CANDEA. ISBN 84-920310-9-3.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- José Manuel Silva Losada na base de datos do proxecto Nomes e voces.
- Ficha en Los presos del penal de Ezcaba