Antonio Chaves del Río

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Antonio Chaves del Río
Nacemento17 de setembro de 1886
 Cambados
Falecemento28 de decembro de 1936
 Barro
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Antonio Chaves del Río, nado en Cambados o 17 de setembro de 1886 e finado en Barro o 28 de decembro de 1936, foi un sindicalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Mariñeiro. Era presidente do Sindicato de Industrias Pesqueiras y Oficios Varios (CNT). Foi Patrón Maior do Pósito de Cambados. Coa sublevación do 18 de xullo de 1936 foi detido. O 24 de setembro o delegado de Orden Público puxo a disposición do comandante militar de Pontevedra xunto a Elías Porto Trigo, Manuel Silva Losada, detidos no cárcere de Cambados. Xulgado en Consello de guerra o 10 de decembro de 1936, foi condenado por rebelión militar a unha pena de reclusión perpetua coa accesoria de interdición e inhabilitación absoluta perpetua. O 28 de decembro de 1936 aplícanlle a lei de fugas Curro (Barro) co pretexto dun traslado dende a illa de San Simón ao cárcere de Pontevedra.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]