José Manuel Fernández de Labastida
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de marzo de 1958 (66 anos) Madrid, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade Autónoma de Madrid Universidade Estatal de Nova York |
Actividade | |
Ocupación | investigador , catedrático , físico |
José Manuel Fernández de Labastida y del Olmo, nado en Madrid o 10 de marzo de 1958, é un catedrático de universidade e investigador español. En 2024 ingresou na Real Academia Galega de Ciencias.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciouse en Física na Universidade Autónoma de Madrid e doutorouse na Universidade Estatal de Nova York en Stony Brook (EUA). É catedrático de Física Teórica na Universidade de Santiago de Compostela. Foi decano da facultade de Física e director da Escola de Doutoramento da USC. Ten traballado en Teoría cuántica de campos, Teoría de cordas, Teoría de nós e Teorías cuánticas de campos topolóxicos. Colaborou co Institute for Advanced Study (Princeton) e o CERN (Laboratorio Europeo de Física de Partículas).[2]
Foi Subdirector Xeral de Proxectos e Investigación no Ministerio de Ciencia e Tecnoloxia, Vicepresidente de Investigación Científica e Técnica do Consello Superior de Investigacións Científicas, Secretario Xeral de Política Científica e Tecnolóxica e Director Xeral de Investigación e Xestión do Plan Nacional de I+D+i no Ministerio de Ciencia e Innovación.[3] Foi director da División Científica do Consello Europeo de Investigación (ERC).[4] Desde 2021 é xefe da Unidade de Apoio ao Consello Científico do ERC.[5]
É autor de numerosas publicacións en revistas especializadas e libros colectivos.[6][7]
Premios
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "David Chipperfield, Antón Costas e José Manuel Fernández ingresan na Real Academia Galega das Ciencias". Nós Diario. 2024-02-19. Consultado o 2024-02-20.
- ↑ P, S. "José Manuel Fernández de Labastida, ex-director xeral de Investigación do Goberno, ingresará este ano na RAGC". Código Cero - Diario Tecnolóxico de Galicia. Consultado o 2024-02-20.
- ↑ "Nueva estructura ministerial en Educación y Ciencia". gaceta.rsme.es (en castelán). Consultado o 19/02/2024.
- ↑ "O profesor José Fernández Labastida nomeado director da División Científica do European Research Council Universidade de Santiago de Compostela". www.usc.gal. 2011-01-20. Consultado o 2024-02-20.
- ↑ "José Manuel Fernández de Labastida: «A los investigadores les diría que arriesguen, que barajen ideas fuera de lo común»". Actualidad (en castelán). Consultado o 2024-02-20.
- ↑ "José Manuel Fernández de Labastida y del Olmo". Dialnet (en castelán). Consultado o 2024-02-20.
- ↑ "J. M. F. Labastida, publicacións científicas". Google Scholar.
- ↑ "José Manuel Fernández de Labastida". Fundación BBVA (en castelán). Consultado o 2024-02-20.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Barrera, F., ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). El Correo Gallego. p. 198. ISBN 84-8064-113-4.