José Luis Villar Palasí

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Luis Villar Palasí

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento30 de outubro de 1922 Editar o valor em Wikidata
Valencia
Morte7 de maio de 2012 Editar o valor em Wikidata (89 anos)
Madrid
Cargos
Ministro de Educación e Ciencia [1]
Períodoabril de 1968 - xuño de 1973
AntecesorManuel Lora-Tamayo Martín
SucesorJulio Rodríguez Martínez
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Valencia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá e lingua catalá Editar o valor em Wikidata
Premios

Dialnet: 246225

José Luis Villar Palasí, nado en Valencia o 30 de outubro de 1922 e finado en Madrid o 7 de maio de 2012, foi un intelectual, xurista e político español,[2] subsecretario do Ministerio de Comercio (1962-1965), Ministro de Educación desde o 17 de abril de 1968 ao 11 de xuño de 1973[3] e Presidente do Consello Superior de Investigacións Científicas de 1971 a 1973.

Villar Palasí foi pai da EXB en 1970. Estableceu a obrigación de escolarizar aos nenos ata os catorce anos de idade e introduciu o estudo das linguas e literaturas rexionais no sistema educativo público.

Carreira profesional[editar | editar a fonte]

Lei Xeral de Educación de 1970[editar | editar a fonte]

Impulsou a Lei Xeral de Educación e Financiamento da Reforma Educativa, que supuxo un importante esforzo de modernización do sistema educativo, entre cuxos principais fitos destacan o ensino primario obrigatorio ata os catorce anos, coa Educación Xeral Básica (EXB), e creou a Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED). A reforma educativa, ademais de establecer a EGB, creou o Bacharelato Unificado Polivalente (BUP) e a Formación Profesional (FP). Entre outras prerrogativas, a nova norma establecía que nas rexións nas que ademais do español se utilizase outra lingua se estudase, obrigatoriamente, unha materia desta lingua.

Publicacións, cargos e distincións[editar | editar a fonte]

Placa de pedra coa inscrición: José Luis Villar Palasí Ministro de Educación y Ciencia mandó reconstruir este claustro. Los amigos del Monasterio de Armenteira le ofrecen su gratitud. Laus Deo MCMLXIX (1969)
Placa no claustro do Mosteiro de Santa María da Armenteira (Meis, Pontevedra), dedicada a Villar Palasí

Son obras súas varios libros relacionados co Dereito Administrativo, o seu principal ámbito de especialización: Observaciones sobre el sistema fiscal español, Justo precio y transferencias colectivas, Apuntes de Derecho Administrativo, Derecho Administrativo, Los jurados de empresa e Administración y planificación;[4] así mesmo colaborou en revistas xurídicas españolas e estranxeiras.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Gobiernos de España 1931-2008"
  2. Diccionario Enciclopédico Galego Universal, t. 59, p. 99.: Villar Palasí, Josep Lluís... Político e xurista. Foi ministro de Educación e Ciencia... e realizou unha reforma da ensinanza coa Lei Xeral de Educación...
  3. Diccionario Enciclopédico Salvat Universal, t. 20, p. 360. Salvat, Barcelona. ISBN 84-345-3221-2: "VILLAR PALASÍ, José Luis" (en castelán).
  4. Enciclopedia Universal Micronet en DVD, Micronet, San Sebastián de los Reyes, 2006 (en castelán).
  5. Obra de José Luis Villar Palasí en Dialnet.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Cacho Cortés, Jesús (1999). El negocio de la libertad. Madrid: Foca, ediciones y distribuciones, S.L. ISBN 84-930481-9-4. 
  • Gómez-Ferrer Morant, Rafael, coord. (1989), Libro homenaje al profesor José Luis Villar Palasi. Editorial Civitas. ISBN 84-7398-645-8.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Manuel Lora-Tamayo Martín
Ministro de Educación e Ciencia

17 de abril de 1968 - 11 de xuño de 1973
Sucesor:
Julio Rodríguez Martínez
Predecesor:
Manuel Lora Tamayo
Presidente do CSIC
21 de agosto de 1971 - 24 de setembro de 1973
Sucesor:
Enrique Gutiérrez Ríos