José Manuel Mouzo
José Manuel Mouzo | |
---|---|
Nacemento | 1966 |
Lugar de nacemento | A Coruña |
Falecemento | 16 de maio de 2021 |
Nacionalidade | España |
Ocupación | transportista, político e alcalde dun Concello en España |
[ editar datos en Wikidata ] | |
José Manuel Mouzo Castiñeira, nado na Coruña en 1966[1] e finado o 16 de maio de 2021[2], foi un político do PSdeG-PSOE, que chegou a ser alcalde de Laxe.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Profesional do sector do transporte, empezou a militar en política en 1983, en Esquerda Galega, canda o seu compañeiro Antón Carracedo. Seguindo a Carracedo incorporouse ao PSOE en 1993, e chegou a concelleiro nas eleccións municipais de 2007, con Carracedo como alcalde. Foi concelleiro de cultura e de protección civil ata que en 2015, logo de retirarse Carracedo[3], encabezou a candidatura socialista. Malia baixar en votos, retivo a alcaldía para o seu partido grazas a un pacto co BNG. Nas eleccións municipais de 2019 a súa lista foi derrotada e abandonou a alcaldía. Porén, continuou como voceiro socialista ata o seu falecemento.
Predecesor: Antón Carracedo |
![]() Alcalde de Laxe 2015 - 2019 |
Sucesor: José Luis Pérez Añón |
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Vivía en Matío (Nande). Casou e tivo dous fillos.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "«Pola Xunta, Laxe non existiría. Todo o que logramos é grazas á Deputación»". La Voz de Galicia (en castelán). 2016-06-04. Consultado o 2021-05-16.
- ↑ "Fallece a los 54 años José Manuel Mouzo, exalcalde de Laxe". La Voz de Galicia (en castelán). 2021-05-16. Consultado o 2021-05-16.
- ↑ "Antón Carracedo anuncia por sorpresa que no se presentará a la reelección". La Voz de Galicia (en castelán). 2014-07-12. Consultado o 2021-05-16.