José Luis García López
Biografía | |
---|---|
Alcalde de Arzúa | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Lugar de traballo | Arzúa |
Ocupación | político |
Partido político | Bloque Nacionalista Galego |
Lingua | Lingua castelá e lingua galega |
Premios |
José Luis García López[1] é un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi concelleiro de Cultura en Arzúa polo BNG entre 2007 e 2011. Nas eleccións municipais de 2011 encabezou a candidatura do Bloque Nacionalista Galego á alcaldía de Arzúa logo da inhabilitación do anterior alcalde e candidato Xaquín García Couso[2]. Foi elixido alcalde como candidato da lista máis votada[3].
Nas eleccións de maio de 2015 presentou unha candidatura independente co nome Alternativa por Arzúa,[4] que gañou a maioría absoluta. Nas eleccións de 2019 acadou de novo a alcaldía, desta volta con maioría simple, formando goberno coa concelleira do PSdeG[5]. Nas municipais de 2023 perdeu a alcaldía ao pasar de 6 a 3 concelleiros, por detrás do PPdeG e do BNG, ante o cal apoiou a investidura do nacionalista Xoán Xesús Carril como alcalde.
Predecesor: Xaquín García Couso |
Alcalde de Arzúa 2011 - 2023 |
Sucesor: Xoán Xesús Carril |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Nome de José Luis na páxina do concello de Arzúa
- ↑ "O alcalde de Arzúa, declarado inilexible pola Xunta Electoral". Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2019. Consultado o 11 de decembro de 2011.
- ↑ "José Luis García recibe las llaves del Concello de Arzúa". Arquivado dende o orixinal o 16 de agosto de 2011. Consultado o 11 de decembro de 2011.
- ↑ Noguerol, Natalia (2015). "El alcalde de Arzúa esquiva la disciplina de los partidos con una lista independiente". La Voz de Galicia. Consultado o 28/06/2015.
- ↑ El PSdeG se abstiene en la investidura de José Luis García en Arzúa, pero negocia pactar
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Artigo Arquivado 09 de marzo de 2016 en Wayback Machine. en El Correo Gallego