Xaquín García Couso
Xaquín García Couso | |
---|---|
Nacemento | 1953 |
Lugar de nacemento | Arzúa |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Xaquín García Couso, nado en Arzúa en 1953, é un político galego vinculado ao BNG.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Estivo emigrado en Barcelona, onde quitou o título de profesor de autoescola. Nas eleccións municipais de 2003 encabezou a candidatura do Bloque Nacionalista Galego (BNG) á alcaldía de Arzúa e foi elixido alcalde, gobernando ata maio do 2004 co apoio de dous concelleiros socialistas.[1] Nas municipais de 2007 volveu encabezar a candidatura do BNG e foi elixido alcalde, agora con maioría absoluta. Pertenceu tamén ó Consello Federal da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP)[2] Nun puido presentarse ás municipais de 2011 porque a Xunta Electoral da Zona de Santiago o declarou "inelixible" ao ser condenado "en sentenza non firme, por un delito contra a Administración pública".[3]
Predecesor: Manuel Moscoso López |
![]() Alcalde de Arzúa 2003 - 2011 |
Sucesor: Xosé Luís García López |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ El alcalde de Arzúa rompe el pacto y destituye a los ediles socialistas. www.abc.es, 21/05/2004. (en castelán)
- ↑ Organigrama Consello Federal Arquivado 21 de xullo de 2011 en Wayback Machine.. www.fegamp.org, sen data.
- ↑ "O alcalde de Arzúa, declarado inilexible pola Xunta Electoral". Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2019. Consultado o 11 de decembro de 2011.