José Luis Elkoro
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de marzo de 1935 (89 anos) Elgeta, España |
Senador de España | |
2 de outubro de 1990 – 9 de xaneiro de 1996 | |
Deputado do Parlamento do País Vasco | |
5 de xullo de 1988 – 3 de setembro de 1990 ← Juan Carlos Yoldi (en) Lexislatura: III lexislatura do Parlamento Vasco Circunscrición electoral: Guipúscoa | |
Alcalde de Bergara | |
1987 – 1991 | |
Deputado do Parlamento do País Vasco | |
22 de marzo de 1984 – 1 de outubro de 1986 Lexislatura: II lexislatura do Parlamento Vasco Circunscrición electoral: Guipúscoa | |
Alcalde de Bergara | |
1976 – 1979 | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid Bergara |
Ocupación | político, empresario |
Partido político | Herri Batasuna |
José Luís Elkoro Unamuno, nado en Elgeta, Guipúscoa, en 1935, é un histórico dirixente político abertzale.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comeza a súa andaina como activista social participando nunha das abondosas asociacións culturais do seu pobo, Bergara. Ante a inoperancia do concello franquista, estas agrúpanse baixo o nome de Alkartunai para traballar pola mellora dos servizos sociais do pobo, centrándose nos máis desfavorecidos (xordos, mudos, viúvas, enfermos mentais...). En xaneiro de 1976 Arias Navarro introduce un cambio na lexislación sobre o nomeamento do alcalde que permite que o 2 de febreiro de 1976 Elkoro, co apoio da maioría do consistorio, sexa elixido alcalde de Vergara.
Mentres tanto, nas vilas adxacentes tamén se produciron movementos semellantes, e a partir deles, un grupo de alcaldes con inquedanzas nacionalistas comeza a reunirse co obxectivo de impulsar a reivindicación da identidade nacional de Euskal Herria desde o interior do mesmo réxime. Esta iniciativa nace do pobo, polo que recibe un apoio popular crecente que, con ritmo acelerado, consecuencia das ansias de cambio político que se viven na sociedade, incide notablemente no panorama político.
Entre outros logros, as xestións favorables para a legalización da ikurriña en toda Hego Euskal Herria, dan conta da importancia que adquire tamén para o goberno central o movemento que para entón é coñecido como o Grupo de Vergara ou o Movemento de Alcaldes.
No curto pero intenso percorrido do movemento desenvólvense as conversacións de Txiberta, encamiñadas a consolidar unha alianza entre todas as forzas políticas de Euskal Herria. Elkoro participa en representación do Grupo nas conversacións auspiciadas polo histórico dirixente nacionalista Telesforo Monzón. Durante estas forma parte da comisión negociadora que se entrevista co presidente Suárez para tratar a declaración dunha amnistía, que finalmente se traduce nos coñecidos como “extrañamentos”, medida que non contenta a todas as forzas e agrava o desentendimiento entre elas. Tras o anuncio do Partido Nacionalista Vasco de presentarse ás eleccións sen condición previa algunha, sobrevén o fracaso da oportunidade para presentarse ante o Estado como un único bloque, e unha vez legalizados a maioría dos partidos, celébranse as primeiras eleccións xerais “democráticas” en xuño de 1977.
A Galipedia ten un portal sobre: País Vasco |