José López Varela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé López Varela

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento19 de decembro de 1893 Editar o valor em Wikidata
Ramil, España Editar o valor em Wikidata
Morte8 de setembro de 1981 Editar o valor em Wikidata (87 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Deputado nas Cortes republicanas
1 de decembro de 1933 – 7 de xaneiro de 1936

Circunscrición electoral: Pontevedra
Deputado nas Cortes republicanas
9 de xullo de 1931 – 9 de outubro de 1933

Circunscrición electoral: Pontevedra
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid
Vigo Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónmestre , político , avogado , inspector de educación Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

José López Varela, nado en Ramil (Tirimol, Lugo)[1] o 19 de decembro de 1893[2] e finado en Madrid o 8 de setembro de 1981, foi un mestre, avogado e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou o Bacharelato e Maxisterio en Lugo. Tamén foi músico na Banda de Ramil que dirixía o seu pai. Aprobou as oposicións de Maxisterio e foi destinado como mestre á Escola Nacional do Areal de Vigo en 1916. Colaborou en Galicia e foi nomeado presidente da Asociación de Mestres de Vigo en 1927.[3] Membro do Partido Republicano Radical, foi deputado pola provincia de Pontevedra nas eleccións a Cortes Constituíntes de 1931. En novembro de 1932 aprobou as oposicións a inspector de Primeiro Ensino e foi destinado a Ourense.[4] Volveu ser elixido deputado nas eleccións xerais de 1933.[5] En outubro de 1931, nos debates previos da Constitución de 1931, manifestouse partidario da educación laica e do divorcio;[6] votou en contra do sufraxio feminino.[7] En maio de 1935 criticou en Cortes o proxecto de Lei de Prensa defendido pola CEDA elaborado orixinalmente polo ministro radical Eloy Vaquero sinalando que causaría un «enorme dano».[8] Foi nomeado Director Xeral de Primeira Ensinanza a finais de 1935 e despois Subsecretario de Traballo e Acción Social. Nas eleccións de febreiro de 1936 integrouse na candidatura de Centro de Portela Valladares, pero non resultou elixido.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido en Vigo. Foi separado do servizo como inspector de primeiro ensino e dado de baixa no posto en 1937.[9] Foi sancionado economicamente polo Tribunal de Responsabilidades Políticas en 1941 e con inhabilitación de 3 anos para exercer cargo público.[10] Incorporouse como profesor ao Colexio Labor. Estudou por libre a carreira de Dereito licenciándose o 6 de xuño de 1940. Cursou tamén Farmacia, licenciándose o 17 de xuño de 1941. No franquismo exerceu como avogado en Vigo. Tamén foi farmacéutico. A mediados dos anos sesenta recuperou o seu posto de inspector de Ensino Primario logo dun recurso contencioso administrativo fallado no Tribunal Supremo, sendo destinado á provincia da Coruña. Xubilouse ao cabo de dous anos.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

José López Varela en 1935.

Casou en Vigo coa tamén mestra Avelina Josefa Soto Valenzuela, irmá de Xavier Soto Valenzuela, en 1923.[11]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Progreso, 21-1-1936, p. 1 .
  2. El Financiero, 18-1-1936, p. 5.
  3. El Noticiero Gallego, 25-10-1927, p. 2.
  4. El Pueblo Gallego, 10-11-1932, p. 10.
  5. ABC, 22-11-1933
  6. Arbeloa 2006, p. 131.
  7. Pereira Martínez 2004, p. 274.
  8. Townson 2000, p. 304.
  9. El Pueblo Gallego, 18-5-1937, p. 10.
  10. El Correo Gallego, 4-10-1941, p. 7.
  11. El Progreso, 22-8-1923, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]