José Ramón Dosio López

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Ramón Dosio López
Biografía
Nacementodécada de 1900 Editar o valor em Wikidata
Paradela, España Editar o valor em Wikidata
Morte29 de xullo de 1937 Editar o valor em Wikidata (27/37 anos)
Lugo, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

José Ramón Dosio López, nado en Paradela cara a 1901 e finado en Lugo o 29 de xullo de 1937, foi un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Mecánico. Militante do PSOE. Foi alcalde de Paradela en 1931. Presidente do Sindicato de Trabajadores de Loio. Foi tenente-alcalde en 1933 e novamente despois do triunfo do Frente Popular en febreiro de 1936. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido pola Garda Civil de Portomarín o 20 de xullo, con outros compañeiros, cando ceaban nunha taberna ao seu regreso de Lugo e Sarria. Foron trasladados ao cárcere de Sarria.

Xulgados en Lugo en consello de guerra, foron acusados de rebelión militar por requisar armas o 18 e 19 de xullo, e desprazarse a Lugo o 20 para defender o Goberno Civil e incendiar a reitoral de Castro. Dosio foi condenado a pena de morte e fusilado en Lugo o 29 de xullo de 1937.[1] Xunto con Daniel Pérez López, José López López, Marcelino López López, Avelino Rodríguez López e Juan Abella Armesto foron condenados polo Tribunal de Responsabilidades Políticas en 1940 ao pago de 50.000 pesetas en concepto de responsabilidade civil.[2]


Predecesor:
?
 
Alcalde de Paradela
 
1931 - 1932
Sucesor:
José López Armesto

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Pueblo Gallego, 30-7-1937, p. 8.
  2. BOE, 9-4-1940, p. 1792.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]