José Jaspe
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 10 de agosto de 1906 A Coruña |
| Morte | 5 de xuño de 1974 Becerril de Campos |
| Actividade | |
| Ocupación | actor de teatro, actor de cinema, actor |
| Período de actividade | 1941 |
José Jaspe Rivas, nado na Coruña o 10 de agosto de 1906 e finado en Becerril de la Sierra o 5 de xuño de 1974, foi un actor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Jaspe actuou xa de neno no teatro e comezou no cine despois da Guerra civil española, en 1941. Foi un dos actores máis buscados e populares do momento, sobre todo no cine de xénero, e participou en multitude de filmes do chamado Spaghetti Western. Dende 1953 a 1963, traballou case exclusivamente en Italia, onde interpretou tanto personaxes serios como cómicos ou malvados. Na súa ampla filmografía, de máis de 120 papeis, tamén se encontra algunha aparición televisiva.
Vida privada
[editar | editar a fonte]Jaspe estaba casado coa actriz Mercedes Vecino, con quen tivo unha filla: Mercedes.
Faleceu en Becerril de la Sierra o 5 de xuño de 1974[1]. Está soterrado nese municipio madrileño, no que ademais unha praza leva o seu nome.[2]
Filmografía
[editar | editar a fonte]Cine
[editar | editar a fonte]Televisión
[editar | editar a fonte]| Ano | Título | Papel | Notas |
|---|---|---|---|
| 1975 | Im Auftrag von Madame | Director de banco | 1 episodio: "Der Scheinwerfer" |
| 1975 | Sergeant Berry | Smilinsky | 1 episodio: "... und wieder ein Zufall" |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Ha fallecido José Jaspe". ABC (en castelán). 6 de xuño de 1974. Consultado o 16 de agosto de 2018.
- ↑ "Praza de José Jaspe en Becerril". www.callejero.net (en castelán). Consultado o 16 de agosto de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| A Galipedia ten un portal sobre: Cine |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha do actor en IMDb (en inglés).
