José Garra Garra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
José Garra Garra
Nacemento1896
 Ponteareas
Falecementoxaneiro de 1963
 Vigo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

José Garra Garra, nado en Ponteareas en 1896 e finado en Vigo en xaneiro de 1963[1], foi un industrial e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo dunha familia adiñeirada propietaria da fábrica de curtidos La Perillana en Ponteareas. Era sobriño de Amando Garra e Emilio Garra Castellanzuelo. Enxeñeiro técnico. Na ditadura de Primo de Rivera foi elixido alcalde de Ponteareas o 25 de xaneiro de 1924, permanecendo no cargo ata agosto de 1925, cando presentou a dimisión como alcalde e concelleiro logo de que o Gobernador civil destituíse aos seis concelleiros agrarios e ao concelleiro socialista.

Casou en 1927 con María Luisa Vieitez Soto e instalouse en Tui, onde se incorporou en 1930 como socio e xerente á empresa Oliveira, Valencia y Compañía que producía as galletas La Peninsular. Coa Segunda República foi o primeiro alcalde republicano de Tui, posto do que dimitiu a finais de 1933. Despois trasladouse a Vigo.

Coa sublevación do 18 de xullo de 1936 foi acusado de rebelión militar e encadeado, librou do pelotón de fusilamento pola súa amizade co xeneral Mola, a quen tiña traslado no seu auto ata Lisboa anos antes. Foille incoado expediente de responsabilidades políticas en 1941. Despois da guerra pasou a residir en Madrid para facilitar os estudos da súa filla Carmela.


Predecesor:
José Gil Marín
 Coat of Arms of Ponteareas.svg
Alcalde de Ponteareas
 
1924 - 1925
Sucesor:
Ramiro Sabell Mosquera
Predecesor:
Benito Pérez Álvarez
 Escudo de Tui.svg
Alcalde de Tui
 
1931 - 1933
Sucesor:
Jacinto Fernández Lago

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Necrolóxica en El Pueblo Gallego, 19-1-1963, p. 13.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]