Jacinto Fernández Lago

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Jacinto Fernández Lago
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Jacinto Fernández Lago foi un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi concelleiro en Tui en 1928. Na Segunda República foi elixido concelleiro nas eleccións do 12 de abril e foi primeiro tenente alcalde. Logo da dimisión do alcalde José Garra Garra en decembro de 1933, foi elixido alcalde de Tui o 3 de xaneiro de 1934, permanecendo no cargo ata o 16 de outubro dese ano cando foi destituída a Corporación. Integrouse en Izquierda Republicana. Volveu ser alcalde o 21 de febreiro de 1936, cando foi reposta a corporación elixida en 1931, pero o 9 de marzo dese ano presentou a dimisión. Coa sublevación do 18 de xullo de 1936 foille incoado expediente de responsabilidades políticas en 1941.


Predecesor:
José Garra Garra
 Escudo de Tui.svg
Alcalde de Tui
 
1934
Sucesor:
Pío Abundancia Álvarez
Predecesor:
Manuel Cordovés Millet
 Escudo de Tui.svg
Alcalde de Tui
 
1936
Sucesor:
José Pérez Alonso