Ramiro Sabell Mosquera
Ramiro Sabell Mosquera | |
---|---|
Nacemento | 13 de marzo de 1899 |
Lugar de nacemento | Santiago de Compostela |
Falecemento | 19 de xullo de 1990 |
Lugar de falecemento | Ponteareas |
Nacionalidade | España |
Ocupación | mestre e político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Ramiro Manuel Sabell Mosquera, nado en Santiago de Compostela o 13 de marzo de 1899[1] e finado en Pontevedra o 19 de xullo de 1990, foi un mestre e inspector de primeira ensinanza.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Estudou Maxisterio na Escola Normal de Santiago de Compostela, xunto a Eduardo Nogueira Pereira. Mestre en Baión (Vilanova de Arousa) de 1921 a 1924 onde foi correspondente de El Pueblo Gallego. Na ditadura de Primo de Rivera foi destinado á escola graduada de Ponteareas e foi nomeado concelleiro en 1924. Logo de presentar a dimisión o alcalde José Garra Garra en agosto de 1925, foi nomeado alcalde de Ponteareas en setembro. Mantívose no cargo ata principios de 1930. Tivo unha participación directa para que o mestre Reveriano Soutullo compoñera o pasodoble Puenteareas. En 1934 aprobou as oposicións a inspector de ensinanza primaria e foi destinado a Pontevedra onde pasou toda a súa carreira profesional.
Predecesor: José Garra Garra |
Alcalde de Ponteareas 1925 - 1929 |
Sucesor: Severo María Ojea Ferro |
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou con Concepción Salgués Otero o 3 de agosto de1931 e tivo nove fillos, entre outros o cámara de cine Ramiro Sabell Salgués. Era tío carnal do médico e Presidente da Real Académia Gallega Domingo García-Sabell.
Homenaxes[editar | editar a fonte]
Leva o seu nome unha rúa e CEIP Mestre Ramiro Sabell Mosquera de Ponteareas.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Escuela Normal de Maestros de Santiago. Matrículas para los cursos de 1906 a 1907 hasta de 1919 a 1920 (AHUS, A.2861; p.33v).
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Porto Ucha, Anxo Serafín. "Mestres ponteareáns para a historia. D. Ramiro Sabell Mosquera (1899 - 1990)" (PDF). Pregón. Revista da Festa do Corpus Christi de Ponteareas 2012: 53–54. Consultado o 26 de xaneiro de 2018.
- Sabell Mosquera, R: “El Pasodoble Puenteareas”, Faro de Vigo, 20-10-1979.