José Escobar Magdalena

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Escobar Magdalena
Biografía
Nacementoséculo XIX Editar o valor em Wikidata
Abrairas, España Editar o valor em Wikidata
Morte1960 Editar o valor em Wikidata
Baleira, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmédico , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

José Escobar Magdalena, nado en Abrairas (Baleira) a finais do século XIX e finado no mesmo concello en 1960, foi un médico e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo do médico e alcalde de Baleira Salvador Escolar Carral.[1] Licenciouse en Medicina en 1909.[2] Foi médico municipal en Baleira. Concedéronlle a Cruz de 1ª clase de Beneficencia polos servizos prestados durante a gripe de 1918.[3]

Na época da II República, militou no Partido Republicano Gallego. Foi un dos representantes do concello de Baleira, xunto a Jesús Rico Castro, na asemblea para a aprobación do Estatuto Galego realizada na Coruña no mes de xuño de 1931.[4] Despois militou en Izquierda Republicana.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi expedientado, sancionado e internado no cárcere de Lugo dende outubro do 1937 ata agosto de 1938. Na resolución do expediente impuxéronlle a separación definitiva do servizo médico.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Elisa Cuenza Luna en 1912 e foi pai de Elvira, Salvador, María de la Paz, Pura, Inés, Elisa e Julia Escobar Cuenza.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Progreso, 5-8-1950, p. 3.
  2. El Correo de Galicia, 20 de outubro de 1909, p. 2.
  3. El Regional, 26 de xaneiro de 1927, p. 2.
  4. El Pueblo Gallego, venres, 5 de xuño de 1931, p. 1.
  5. El Progreso, 28-8-1951, p. 3.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]