Xosé Díaz Andión

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "José Díaz Andión")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Xosé Díaz Andión
Nacemento1892
 Baleira
Falecemento1948
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista
editar datos en Wikidata ]

Xosé Díaz Andión, nado en Río de Castro (Baleira) en 1892 e finado en Madrid en 1948, foi un tipógrafo, escritor e xornalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Tipógrafo e funcionario de Correos, estudou na Escola Social de Traballo de Madrid, graduándose en 1934. Membro do Partido Republicano Radical Socialista ata a súa disolución. Foi redactor xefe de Galicia en Madrid e colaborou en Raza Celta e Finisterre e outros periódicoa galegos con textos de índole histórica. Destacan especialmente os artigos publicados no Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Lugo. Escribiu un traballo de carácter biográfico sobre o marqués de Rodil. Recibiu varios galardóns en certames literarios.

Obras[editar | editar a fonte]

  • La historia y sus héroes, 1929.
  • Los precursores de la libertad. Don Juan Díaz Porlier, 1932.
  • Los trovadores gallegos Macías y Rodríguez del Padrón (premio da RAG, 1944).
  • Influencia de Martínez Salazar sobre la cultura gallega (premio da RAG, 1946).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]