José Gómez Rivas
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de maio de 1882 Oca, España |
Morte | 15 de outubro de 1936 (54 anos) Pontevedra, España |
Causa da morte | pena de morte, ferida por arma de fogo |
Actividade | |
Ocupación | político |
José María Generoso Gómez Rivas, nado en Oca (A Estrada) o 15 de maio de 1882[1] e finado en Pontevedra o 15 de outubro de 1936, foi un labrego e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Veciño de Oca. Foi elixido concelleiro da Estrada polo distrito da Ulla na candidatura do Centro Republicano nas eleccións municipais do 31 de maio de 1931.[2] Foi suspendido como concelleiro durante o bienio negro. Cando se constitúe a xestora municipal, o 5 de maio de 1936, volveu á corporación en representación dos agrarios. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido á entrada da Estrada o 21 de xullo cando viña nun automóbil con José Cortés Fernández, Ramiro Buján Gómez e Manuel Bugallo Pereira para poñerse ás ordes da alcaldía na defensa das institucións democráticas. Xulgados en consello de guerra en Pontevedra o 8 de outubro por rebelión militar pola súa participaron na requisa de armas e explosivos e recruta de xente na comarca do Ulla, foi condenado a pena de morte con José Cortés. Foron fusilados o 15 de outubro de 1936.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Mortos
- ↑ El Emigrado, 7-6-1931, p. 3-4.