José Besteiro Fariñas
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de marzo de 1930 ![]() Vigo, España ![]() |
Morte | 29 de novembro de 2007 ![]() Alcalá de Guadaíra, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | futbolista ![]() |
Deporte | fútbol ![]() |
Posición de xogo | Defensa |
José Besteiro Fariñas, alcumado Portu, nado en Vigo o 23 de marzo de 1930 e finado en Alcalá de Guadaíra o 29 de novembro de 2007, foi un futbolista galego.
Desenvolveu a súa carreira deportiva en Andalucía, onde se converteu nun histórico do Betis, sendo o único xogador do equipo sevillano en subir dende a Terceira División ata a Primeira.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu en Vigo e aos 3 anos instalouse coa súa familia en Sevilla.[1]
En 1950 Pepe Valera fichouno para o Juventud Balompié, filial do Betis. O 26 de abril de 1952 debutou co primeiro equipo no campo de San Eufrasio fronte ao Iliturgi de Andújar, nun partido da Copa Andalucía.[2] Xogou durante unha década no Betis, dende a Terceira División ata a Primeira, sendo o único futbolista do club en participar dos dous ascensos de 1954 e 1958.[3][4] En 1959 foi o encargado de marcar a Pelé no partido que o Betis xogou contra o Santos no Estadio de Heliópolis.[5]
En 1960 fichou polo Cádiz, co que xogou dúas tempadas en Segunda División, antes de retirarse do fútbol.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "José Portu: Desde Tercera a Primera con su Betis". ABC (en castelán). 7 de xaneiro de 2001. p. 14. Consultado o 26 de febreiro de 2021.
- ↑ "Hoy hace 68 años. Debut oficial de José Besteiro «Portu»". manquepierda.com (en castelán). Consultado o 26 de febreiro de 2021.
- ↑ "Fallece Portu, el único jugador del Betis que subió desde Tercera" (en castelán). 30 de novembro de 2007. Consultado o 26 de febreiro de 2021.
- ↑ "Silencio por Don Patricio". realbetisbalompie.es (en castelán). Consultado o 26 de febreiro de 2021.
- ↑ "1959. Cuando Pelé jugó en Heliópolis" (en castelán). Consultado o 26 de febreiro de 2021.