José Antonio Tejedor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
José Antonio Tejedor
Información persoal
Nome José Antonio Tejedor Sanz
Nacemento 2 de novembro de 1943
Lugar de nacemento provincia de Valladolid
Posición Dianteiro
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1967–1970 Zaragoza 30 (6)
1970–1973 Deportivo da Coruña 20 (2)
1973–1974 Valladolid 17 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

José Antonio Tejedor Sanz, nado en Pedrajas de San Esteban (Valladolid) o 2 de novembro de 1943, é un exfutbolista español. Xogaba de dianteiro.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Debutou en Primeira División na tempada 1967–68 co Real Zaragoza, onde estivo tres campañas. No seu primeiro exercizo, participou en 6 partidos e anotou 3 goles. Na tempada 1968–69 participou en 10 partidos e anotou 2 goles. Na campaña 1969–70 participou en 14 partidos, anotando un gol.

Na tempada 1970–71 fichou polo Deportivo da Coruña, en Segunda División. Ese ano, Tejedor participou en 13 partidos e anotou 2 goles, e o equipo ascendeu a Primeira División. Na tempada 1971–72, xogou tan só 2 partidos, sen anotar ningún gol. Na campaña 1972–73, xogou 5 partidos sen anotar ningún gol, descendendo o equipo a Segunda División.

Na tempada 1973–74 fichou polo Real Valladolid, en Segunda División. Ese ano participou en 17 partidos, sen lograr ningún gol.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]