José Antonio Rodríguez Fernández
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
José Antonio Rodríguez Fernández | |
---|---|
Nacemento | 2 de febreiro de 1937 |
Valdoviño | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
José Antonio Rodríguez Fernández, nado en Taraza (Valdoviño) o 2 de febreiro de 1937, é un político galego do PPdG. Foi alcalde do seu concello dende o 1999 ó 2003.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Aos 17 anos ingresou como mariñeiro voluntario na Armada Española, na que logo de pasar polas Escola de Máquinas da Armada de Ferrol e a Escola Naval de Marín acada as categorías de suboficial e oficial respectivamente. Logo de exercer como xefe de máquinas nos destrutores Jorge Juan e Blas de Lezo, pasa á reserva activa co rango de capitán de corveta[1]. Nas eleccións municipais de 1995 entra por vez primeira na vida política municipal como concelleiro do PPdeG, obtendo a alcaldía nas eleccións de 1999, perdéndoas nas do 2003.
Predecesor: Concepción Sanesteban Raposo |
![]() alcalde de Valdoviño 1999-2003 |
Sucesor: María Elisa Garrido Cantarero |