José Antonio Landín Eirín
José Antonio Landín Eirín | |
---|---|
Nacemento | 13 de xuño de 1948 |
Barro | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
José Antonio Landín Eirín, nado o 13 de xuño de 1948 en Barro, é un médico xubilado e político galego do PPdeG.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Estudou Medicina e traballou no Complexo Hospitalario de Pontevedra. Foi elixido alcalde de Barro polo Partido Popular de Galicia nas eleccións municipais de 1983, ano dende o cal renovou a súa maioría absoluta en seis ocasións. Nunha ocasión cedeu o seu posto á súa muller, Mª Teresa Roig, por estar el inhabilitado xudicialmente para o desempeño de cargos públicos por un delito de prevaricación.
No ano 2005 presentou un proxecto para construír o chamado Monumento Nacional ao Inmaculado Corazón de María, un obelisco de 38 metros de altura, no alto do monte da Chan, sobre un asentamento arqueolóxico de tipo castrexo[1].
Tamén é membro da directiva provincial do PPdeG de Pontevedra[2].
Predecesor: Manuel Pereira Gago |
![]() Alcalde de Barro 1983 - 1996 |
Sucesor: María Teresa Roig Olona |
Predecesor: María Teresa Roig Olona |
![]() Alcalde de Barro 1999 - 2015 |
Sucesor: Xosé Manuel Fernández Abraldes |
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Está casado e ten dous fillos[3].
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ BARRAL, C. (21/01/2005). www.lavozdegalicia.es, ed. "Landín apoya levantar un obelisco de 38 metros sobre el castro de A Chan". Arquivado dende o orixinal o 02/03/2014. Consultado o 18/12/2010. (en castelán)
- ↑ www.pppontevedra.com (ed.). "Directiva provincial". Arquivado dende o orixinal o 11/07/2015. Consultado o 10/07/2015.
- ↑ www.elcorreogallego.es (ed.). "Regidores en la provincia de Pontevedra". Arquivado dende o orixinal o 03/02/2012. Consultado o 18/12/2010. (en castelán)