José Antonio Franco Cerdeira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
José Antonio Franco Cerdeira
Nacemento23 de febreiro de 1939
Lugar de nacementoOrtigueira
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónavogado e político
editar datos en Wikidata ]

José Antonio Cesáreo Franco Cerdeira, nado en Ortigueira o 23 de febreiro de 1939, é un avogado e político galego do PPdeG.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi alcalde de Ortigueira por UCD nas primeiras eleccións democráticas e continuou como alcalde ata 1985. Foi deputado provincial (1979-1983). Membro do Partido Demócrata Popular (PDP), foi deputado da Coalición Popular pola provincia da Coruña no Parlamento de Galicia na II lexislatura (1985-1990), e despois polo Partido Popular de Galicia na III e IV lexislaturas (1990-1997). Dimitiu en 1997 logo de coñecerse que cobrara indebidamente uns sete millóns de pesetas en soldos do Parlamento[1]

Predecesor:
Juan Luis Pía Martínez
 
Alcalde de Ortigueira
 
1979 - 1985
Sucesor:
Jesús Varela Martínez

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]