José Alfonso Palomanes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
José Alfonso Palomanes
Nacemento2 de xaneiro de 1989
NacionalidadeEspaña
Ocupacióndeportista
editar datos en Wikidata ]

José Alfonso Palomanes Martínez, nado o 2 de xaneiro de 1989, é un atleta galego na modalidade de triplo salto.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudos no Seminario de Ourense. Comezou co salto de lonxitude ós 14 anos, para continuar con triplo salto ó saír do seminario. Cursa a licenciatura de Actividade Física e Deportiva en Pontevedra,

No ano 2008 acadou o título de campión de España e sétimo do mundo de triplo salto, con 16,01 metros. No ano 2009 tivo que ser sometido a unha intervención cirúrxica, e como consecuencia a súa marca non superou os 15,92.[1]

No 2011 Palomanes obtivo o cuarto posto na final de triplo salto do Campionato de España Absoluto de Pista Cuberta disputado en Valencia. En varios momentos da proba situouse no terceiro posto grazas ós récords galegos logrados co seu terceiro intento, de 15,90, e co quinto, no que chegou ós 15,98[2].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "José Alfonso Palomanes: del Seminario a medallista". La Región (en castelán). 2010-02-22. Consultado o 2020-03-29. 
  2. www.ourensedeportivo.com, ed. (20/02/2011). "Palomanes sin medalla pero con Record Gallego en el Nacional". Arquivado dende o orixinal o 21/02/2011. Consultado o 20/02/2011.  (en castelán)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]