José Ángel Docobo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) José Ángel Docobo Durántez 1951 (72/73 anos) A Coruña, España |
Educación | Universidade de Zaragoza - Doutor en filosofía (–1977) Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | astrónomo |
Membro de | |
Obra | |
Doutorando | Josefina Faen-Faen Ling (en) |
José Ángel Docobo Durántez, nado na Coruña en 1951, é un astrónomo galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciouse na Universidade de Santiago de Compostela e doutorouse en Astronomía pola Universidade de Zaragoza, Universidades nas que exerceu como docente e investigador dende 1973. No 1979, ó gañar a oposición a praza de profesor adxunto numerario de Astronomía na Universidade de Barcelona, afíncase alí por curto tempo, trasladándose decontado a Galiza, concretamente a Santiago de Compostela, para se facer cargo da recuperación física e científica do Observatorio astronómico Ramón María Aller da USC, naquel intre en situación crítica.
En 1983 organiza en Santiago a IV Asemblea Nacional de Astronomía e Astrofísica, sendo asemade dende aquel ano director do observatorio, o que coincide co seu nomeamento como "Ramón María Aller", o seu fundador.
Ten sido director de teses doutorais, teses de licenciatura, memorias de investigación do DEA etc. Ten publicado máis de cen 'papers' en diversas revistas a nivel internacional, sendo autor ou coaoutor de cinco libros. Tras formar parte da Comisión 26 da IAU dende 1985, ocupa o cargo de vicepresidente da mesma no 2006, sendo dende 1993 coeditor da Circular de Información da Comisión. É membro fundador da Sociedade Española de Astronomía.
Astrónomo especialista en estrelas dobres, no 2006 foi elixido vicepresidente da Comisión 26 (Estrelas Dobres e Múltiples) da Unión Astronómica Internacional (UAI ou IAU en inglés), comisión da que formaba parte dende 1985; Director do Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC, Director do Programa de extensión Cultural de Astronomía da mesma Universidade, foi o revitalizador do observatorio astronómico santiagués e principal difusor da figura de Ramón María Aller. Recentemente adquiriu a condición de membro da Real Academia de Ciencias de Zaragoza.
En 2021 foi nomeado profesor emérito da USC.[1]
Outras actividades
[editar | editar a fonte]Foi presidente do equipo de baloncesto compostelán Obradoiro CAB, e vicepresidente da Sociedade Protectora de Animais de Santiago. Tamén cómpre salientar á súa presenza durante varios anos na listaxe de galegos máis influentes segundo o xornal Galicia Hoxe.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ ECG, Redacción. "La USC acaba de seleccionar a diez de sus profesores eméritos para los próximos tres cursos". www.elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 2021-05-12.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Dicionario biográfico de Galicia, Ir Indo Edicións, 2010-2011, Vigo.