Jorge Llorca
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1952 (71/72 anos) Ferrol, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | pintor , escritor |
Lingua | Lingua galega |
Premios
| |
Jorge Llorca Freire, nado en Ferrol en 1952, é un pintor e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciado en Belas Artes pola Real Academia de Bellas Artes de San Fernando. Comezou a expoñer en 1973 en Madrid e despois na Trienal de Compostela, centenario Caixavigo (1980), Mostra Unión Fenosa da Coruña e outras. Acadou premios de pintura, ilustrou libros e publicacións e a súa obra figura en museos e coleccións. Como escritor publicou relatos e artigos, foi finalista do Premio de Cuentos Estafeta Literaria, e gañador do Premio de Narracións Curtas Ateneo Ferrolán e do Premio Blanco Amor (2013) coa novela O violín de Rembrandt[1]. É profesor da Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso da Coruña. Tamén gañou o Premio Vicente Risco de Creación Literaria 2019 con O anxo de Durero.[2]
Obras
[editar | editar a fonte]Narrativa
[editar | editar a fonte]- O Salto do Can, 2009, Xerais.
- O violín de Rembrandt, 2014, Xerais.
- O anxo de Durero, 2020, Dr. Alveiros, Fundación Vicente Risco.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "El ferrolano Jorge Llorca ganador del premio “Novela Longa Blanco Amor”" Galicia Ártabra Digital.
- ↑ "Jorge Llorca gaña o Premio Risco de Creación Literaria". www.laregion.es. Consultado o 2019-11-29.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha do autor Arquivado 13 de setembro de 2013 en Wayback Machine. no sitio web de Edicións Xerais de Galicia.
- Jorge Llorca na Colección Afundación.
- Bibliografía sobre Jorge Llorca en pintoresgallegos.com