Jorge Díaz
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Jorge Díaz | |
---|---|
Nacemento | 20 de febreiro de 1930 |
Rosario | |
Falecemento | 13 de marzo de 2007 |
Santiago de Chile | |
Nacionalidade | Chile |
Alma máter | sen etiquetar |
Ocupación | dramaturgo e actor |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Jorge Díaz Gutiérrez, nado en Rosario de Santa Fe o 20 de febreiro de 1930 e finado en Chile o 13 de marzo de 2007, foi un arquitecto, pintor e dramaturgo arxentino-chileno.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Naceu na Arxentina de pais españois, vivía entre Chile e España. Viviu desde o tres ao trinta e cinco anos en Chile. Posteriormente, pasou tres décadas en España para finalmente falecer en Chile a causa dun cancro de esófago.
Carreira literaria[editar | editar a fonte]
Con máis de cen obras teatrais, é un dos membros máis destacado da xeración dos 50 chilena. Comezou a traballar no teatro. En 1959 participou como actor nunha primeira representación; a compañía teatral coa que actuaba, o grupo Ictus, chileno, definíase como de teatro experimental.
Premios e distincións[editar | editar a fonte]
- Premio Nacional das Artes da Comunicación e Audiovisuais, en 1993
- Premio Antonio Buero Vallejo de Guadalajara, en 1992
- Premio Born de Teatro, en 1990, pola súa obra "A imagen y semejanza"
- Premio Born de Teatro, en 1992, pola súa obra "El jaguar azul"
- Premio de Teatro Centenario de la Caja de Ahorros de Badajoz, en 1989
- segundo premio no Cuarto Concurso de Dramaturgia Eugenio Dittborn, outorgado pola Escola de Teatro da Universidade Católica, pola súa obra Fragmentos de alguien, en 1987
- Premio Palencia de Teatro, en 1980.