Jorge Cadete
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 27 de agosto de 1968 (56 anos) Pemba, Mozambique (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 177 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 65 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1987 - 2007 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Portugal | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Dianteiro | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
xuño de 1996 | Eurocopa de Fútbol Inglaterra 1996 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Jorge Paulo Cadete Santos Reis, nado en Pemba, Mozambique o 27 de agosto de 1968, foi un xogador de fútbol que xogaba na demarcación de dianteiro.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou a súa carreira futbolística na Associação Academica de Santarém na tempada 1983-1984 con 15 anos, marcando 43 goles en 18 encontros, conseguindo o Sporting de Lisboa fichalo entre moitos pretendentes.
En Lisboa debutou no primeiro equipo na tempada 1987-1988 xogando 6 partidos. Ao ano seguinte é cedido ao Vitória de Setúbal onde marca 10 goles, polo que volveu de contado ao Sporting, onde xogaría durante 6 tempadas ata o ano 1996, converténdose nun dos xogadores emblemáticos do equipo lisboeta, marcando 70 goles en máis de 180 encontros.
En abril de 1996, despois dunha longa negociación Cadete é traspasado ao Celtic de Glasgow, onde na única tempada completa en Escocia se convertería no máximo goleador da liga nacional, con 33 goles en 44 encontros, ningún de penalti. A causa da mala adaptación da súa familia a Escocia, pediría o traspaso a outro club, chegando así ao Celta de Vigo na tempada 1997-1998 polo pago de tres millóns e medio de libras.
Nesa primeira tempada en Vigo xogaría 29 encontros marcando 7 goles, pero a súa participación no equipo ao ano seguinte reduciriase a 7 partidos e un gol, polo que foi traspasado o ano seguinte ao Benfica portugués, xogando tamén no Bradford City, Estrela da Amadora, Partick Thistle, e Clube Desportivo Pinhalnovensee.
Foi 33 veces internacional coa Selección de Portugal, marcando 5 goles.
No ano 2002 participou no reality show Big Brother Portugal, na 1ª edición para personaxes famosos.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Nados en 1968
- Nados en Mozambique
- Futbolistas de Portugal
- Futbolistas de Mozambique
- Dianteiros de fútbol
- Xogadores do Sporting Clube de Portugal
- Xogadores do Brescia Calcio
- Xogadores do Celtic FC
- Xogadores do Celta de Vigo
- Xogadores do SL Benfica
- Xogadores do CF Estrela da Amadora
- Xogadores da selección de fútbol de Portugal
- Xogadores do Bradford City AFC
- Xogadores do Partick Thistle FC
- Xogadores do Vitoria FC