Jorge Cadete

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Jorge Cadete
Nacemento27 de agosto de 1968
 Pemba
NacionalidadePortugal
Ocupaciónfutbolista
editar datos en Wikidata ]

Jorge Paulo Cadete Santos Reis, nado en Pemba, Mozambique o 27 de agosto de 1968, foi un xogador de fútbol que xogaba na demarcación de dianteiro.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a súa carreira futbolística na Associação Academica de Santarém na tempada 1983-1984 con 15 anos, marcando 43 goles en 18 encontros, conseguindo o Sporting de Lisboa fichalo entre moitos pretendentes.

En Lisboa debutou no primeiro equipo na tempada 1987-1988 xogando 6 partidos. Ao ano seguinte é cedido ao Vitória de Setúbal onde marca 10 goles, polo que volveu de contado ao Sporting, onde xogaría durante 6 tempadas ata o ano 1996, converténdose nun dos xogadores emblemáticos do equipo lisboeta, marcando 70 goles en máis de 180 encontros.

En Abril de 1996, despois dunha longa negociación Cadete é traspasado ao Celtic de Glasgow, onde na única tempada completa en Escocia se convertería no máximo goleador da liga nacional, con 33 goles en 44 encontros, ningún de penalti. A causa da mala adaptación da súa familia a Escocia, pediría o traspaso a outro club, chegando así ao Celta de Vigo na tempada 1997-1998 polo pago de tres millóns e medio de libras.

Nesa primeira tempada en Vigo xogaría 29 encontros marcando 7 goles, pero a súa participación no equipo ao ano seguinte reduciriase a 7 partidos e un gol, polo que foi traspasado o ano seguinte ao Benfica portugués, xogando tamén no Bradford City, Estrela da Amadora, Partick Thistle, e Clube Desportivo Pinhalnovensee.

Foi 33 veces internacional coa Selección de Portugal, marcando 5 goles.

No ano 2002 participou no reality show Big Brother Portugal, na 1ª edición para personaxes famosos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]