Jon Morgan Searle

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jon Morgan Searle
Nacemento 22 de xuño de 1930
Lugar Buckfast, Devon
Falecemento 13 de Marzo de 2012
Lugar Xibraltar
Nacionalidade británica
Ocupación xornalista
Cónxuxe(s) Lina Searle

Jon Morgan Searle, nado en Buckfast (Devon) o 22 de xuño de 1930 e finado en Xibraltar o 13 de marzo de 2012, foi un xornalista xibraltareño e editor do Gibraltar Chronicle. Tamén foi correspondente da axencia de noticias Reuters e do The Times de Londres.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Na súa infancia, mudouse para o Canadá despois da morte de súa nai, e foi creado por amigos da familia. Formouse en artes plásticas na Universidade McGill, en Quebec, antes de regresar ao Reino Unido, onde serviu no Royal Army Educational Corps.[1]

Durante o servizo militar, foi enviado a Xibraltar, por primeira vez, onde ensinou arte e coñeceu a súa futura esposa, Lina. A parella volveu a Inglaterra, onde Lina estudou fisioterapia en Manchester e Jon graduouse en socioloxía en Liverpool. Despois de completar os seus estudos, a parella viviu por algún tempo en Coventry, antes de regresar a Xibraltar.[1]

No Peñón, Searle traballou como oficial de xustiza e profesor na Escola St. Jago, en finais dos anos 1950. Neste momento, apareceu unha oportunidade para integrar o equipo de xornalistas do Gibraltar Chronicle, e en 1966, Searle converteuse en editor do xornal, cargo que ocupou ata 1986. Durante este tempo el tamén foi correspondente da Reuters e The Times de Londres, informando sobre Xibraltar e toda a rexión.[1]

Searle tamén actuou como secretario da Biblioteca Garrison por moitos anos. O seu fillo, Dominique tamén se fixo editor do Chronicle en 1996.[2]

Jon Searle morreu o 13 de marzo de 2012.[1]

Autobiografía[editar | editar a fonte]

  • Song for a new life[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Gibraltar Chronicle, ed. (2012-03-14). "Former Chronicle editor dies" (en inglés). Consultado o 30-09-2012. 
  2. Gibraltar Chronicle (ed.). "Previous Editors" (en inglés). Consultado o 30-09-2012. 
  3. This is Devon, ed. (05-05-2012). "Buckfast boy cast adrift by WWII" (en inglés). Consultado o 30-09-2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]