John Cunliffe
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de xuño de 1933 Colne, Reino Unido (pt) |
Morte | 20 de setembro de 2018 (85 anos) Ilkley, Reino Unido (pt) |
Actividade | |
Ocupación | escritor, escritor de literatura infantil |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Sylvia Thompson |
John Arthur Cunliffe, nado o 16 de xuño de 1933 en Colne[1] (Lancashire) e finado o 20 de setembro de 2018, foi un autor de literatura infantil británico, creador dos personaxes do carteiro Pat e Rosie and Jim.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]John viviu en Kendal (Cumbria) durante seis anos, e foi das vilas e aldeas da zona de onde tirou a inspiración para o seu personaxe máis famoso, o carteiro Pat, e logo do éxito da serie, que el escribiu para a BBC e que se comezou a emitir en 1981, John converteuse nuha celebridade local e mesmo chegou a ter a súa propia sala no Museum of Lakeland Life de Kendal[2], malia iso desde que comezou a escribir en 1964 publicou máis de 200 libros para nenos [3]. Traballou como bibliotecario durante trinta anos, incluíndo dous en Iugoslavia no Brittish Council e despois foi profesor ata 1988 cando pasou a se dedicar exclusivamente a escribir.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "The Wee Web". Arquivado dende o orixinal o 05 de xaneiro de 2006. Consultado o 02 de outubro de 2010.
- ↑ BBC Cumbria
- ↑ "Perfil en Hodder Childresns". Arquivado dende o orixinal o 31 de xullo de 2009. Consultado o 02 de outubro de 2010.