John Arbuthnot

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
John Arbuthnot
Arbuthnot John Kneller.jpg
John Arbuthnot
Nacemento29 de abril de 1667
 Inverbervie
Falecemento27 de febreiro de 1735 (67 anos)
 Londres
SoterradoSt James's Church, Piccadilly
NacionalidadeReino de Gran Bretaña
Alma máterUniversidade de St Andrews e Universidade de Aberdeen
Ocupaciónmatemático, escritor, compositor e médico
Premiosmembro da Royal Society e Fellow of the Royal College of Physicians
editar datos en Wikidata ]
Cartel de recrutamento na primeira guerra mundial con John Bull, personaxe creado por John Arbuthnot.

John Arbuthnot, nado en Kincardineshire e bautizado o 29 de abril de 1667 e finado o 27 de febreiro de 1735, foi un médico e escritor escocés do Clan Arbuthnott.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi fillo dun pastor episcopaliano. En 1685 graduouse en artes, e en 1691, despois da morte do seu pai, marchou a Londres. Estudou na Universidade de Oxford e licenciouse como médico na Universidade de St. Andrews, en Escocia. Por volta de 1700 publica Essay on the usefulness of mathematical learning.

En 1705 foi nomeado médico da raíña Ana. Arbuthnot foi un dos membros fundadores do Club Scriblerus xunto con Jonathan Swift e Alexander Pope. Coñecese sobre todo polo seu personaxe de John Bull (1712), consagrado despois como a representación do inglés típico.