John Abercrombie

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
John Abercrombie
John Abercrombie b1780.jpg
Nacemento10 de outubro de 1780
 Aberdeen
Falecemento14 de novembro de 1844
 Edimburgo
SoterradoThe Parish Church of St Cuthbert
NacionalidadeReino Unido de Gran Bretaña e Irlanda
EtniaPobo escocés
Alma máterUniversidade de Edimburgo e Universidade de Aberdeen
Ocupaciónmédico, filósofo, patólogo e cirurxián
PremiosFellow of the Royal Society of Edinburgh e Fellow of the Royal College of Physicians of Edinburgh
editar datos en Wikidata ]

John Abercrombie, nado o 10 de outubro de 1780 en Aberdeen e morto o 14 de novembro de 1844 en Edimburgo, foi un filósofo escocés e o primeiro en tratar a neuropatía como unha entidade separada.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Médico e filósofo, era fillo dun reverendo protestante, e foi educado na Universidade de Edimburgo, graduándose como médico en 1803. Despois dunha breve estadía en Londres abre unha consulta en Edimburgo. En 1816 comeza a publicar artigos no Edinburgh Medical and Surgical Journal, que formaran a base das súas obras máis coñecidas: Pathological and Practical Researches on Diseases of the Brain and Spinal Cord, considerado o primeiro manual de neuropatoloxía e Researches on the Diseases of the Intestinal Canal, Liver and other Viscera of the Abdomen, ámbalas dúas publicadas en 1828.

En 1830 publicou Inquiries concerning the Intellectual Powers of Man and the Investigation of Truth seguido en 1833 por The Philosophy of the Moral Feelings, obras filosóficas que pese á súa pouca orixinalidade foron moi populares no seu tempo.