Johannes de Limburgia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Johannes de Limburgia, coñecido tamén cos apelidos de Lymburgia e Vinandi (fl. 1408-1430) foi un compositor da época do Renacemento, membro da escola francoflamenga.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O seu nome fai referencia á súa proveniencia do Ducado de Limburgo ou da propia cidade de Limburo, na actual provincia belga de Liexa. Traballou en diversas igrexas de liexa entre 1408 e 1419, e tivo o cargo de succentor na igrexa de San Xoán Evanxelista en 1426. Cara a 1430 marchou a Italia, quizá a Venecia, ou a Vicenza e Padua, onde escribiu motetes.[2]

Do mesmo xeito que Arnold e Hugo de Lantins, distínguese dos seus contemporáneos polo importante número de traballos conservados: arredor de 50 no manuscrito Q15 (Museo Internazionale e Biblioteca della Musica de Boloña) e parte dunha misa (un ordinario), nos códices de Trento.[3][4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Johannes de Limburgia". En Spiessens, Godelieve. The New Grove Dictionary of Music and Musicians. Londres, 2001.
  2. Biografía de Johannes de Lymburgia. En Allmusic.com.
  3. "Johannes de Limburgia". En Here of a Sunday Morning. (En inglés)
  4. Composicións de Johannes de Limburgia. En Allmusic.com.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Lewis, Ann. "Four Motets: The Song of Songs by Johannes de Lymburgia". En Curtis, Liane. Early Music. Volume 18 Número 2. Maio de 1990. Páxinas 305 a 306. [ISSN 03061078]
  • Reese, Gustave. Music in the Renaissance. Nova York. W.W. Norton & Co. 1954. [ISBN 0-393-09530-4]