Saltar ao contido

Johannes Hubschmid

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJohannes Hubschmid
Biografía
Nacemento14 de agosto de 1916 Editar o valor en Wikidata
Küsnacht, Suíza Editar o valor en Wikidata
Morte6 de xaneiro de 1995 ↔ 13 de xaneiro de 1995 Editar o valor en Wikidata (78 anos)
Heidelberg, Alemaña Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Zürich
Universidade de Grenoble (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónromanista Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiJohann Ulrich Hubschmied Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1313345

Johannes Hubschmid, nado en Küsnacht, Zürich o 14 de agosto de 1916 e finado en Heidelberg, en xaneiro de 1995 foi un romanista suízo. Dedicouse á lingüística románica, en especial á lingüística histórica, a etnolingüística, a lexicoloxía, a onomástica e a etimoloxía das linguas románicas e do substrato preindoeuropeo.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou lingüística románica e indoeuropea, entre 1935 e 1942, nas universidades de Zürich e Grenoble. Foi discípulo, na Universidade de Zürich, de Jakob Jud, A. Steiger e M. Leumann. De 1944 a 1952 traballou no Servizo Federal de Topografía.[2] Posteriormente, foi profesor das universidades de Berna e Heidelberg. A partir da década de 1950 publicou diversos estudos sobre os elementos preindoeuropeos, principalmente nas linguas románicas. Investigou tamén o vasco e ocupouse da metodoloxía na investigación etimolóxica e a toponimia prerromanas. Colaborou en publicacións especializadas como Revista de Filoloxía Románica da Universidade de Berna, Vox Romanica, Revista Internacional de Onomástica, Etimologija de Moscova, Eusko Jakintza, Enciclopedia Lingüística Hispánica e outros.[3]

Praeromanica (1949). Romanica Helvetica, vol. 30.
  • Praeromanica. Studien zum Vorromanischen Wortschatz der Romania mit besonderer Beriicksichtung der franko provenzalischen und provenzalischen Mundarten der Westalpen. Berna, Verlag A. Francké, 1949. (Romanica Helvetica, vol. 30.)
  • Vorindogermanische und jüngere Wortschichten in den romanischen Mundarten der Ostalpen, mit Berücksichtigung der ladinisch-bayrisch-slowenischen Lehnbeziehungen "Zeitschrift für romanische Philologie" vol. 66 (1950) p. 1-94.
  • Studien zur iberoromanischen Wortgeschichte und Ortsnamenkunde. Lisboa, Istituto Camões: "Boletím de Filología" vol. 12 (1951) p. 117-156.
  • Sardische Studien. Das mediterrane Substrat des Sardischen, seine Beziehungen zum Berberischen und Baskischen sowie zum eurafrikanischen und hispano-kaukasischen Substrat der romanischen Sprache. Berna, A. Francke AG., 1953. 138 páxinas.
  • Thesaurus Praeromanicus. I: Grundlagen für ein weitverbreitetes mediterranes Substrat, dargestellt an romanischen, baskischen und vorindogermanischen p-Suffixen. Berna (1963).
  • Thesaurus Praeromanicus. 2: Probleme der baskischen Lautlehre und baskisch-vorromanische. Berna (1965).
  • Die "asko-/usko-" Suffixe und das Problem des Ligurischen. París (1969).
  1. "Nachrufe". Zeitschrift für romanische Philologie (ZrP) (en alemán) 111 (4): 777–795. 2009. ISSN 1865-9063. doi:10.1515/zrph.1995.111.4.777. 
  2. "Johannes Hubschmid". Auñamendi Eusko Entziklopedia. 
  3. "Johannes Hubschmid". L'Enciclopèdia.cat. Barcelona: Grup Enciclopèdia Catalana. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]