Johann Wilhelm Spengel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJohann Wilhelm Spengel

Johann Wilhelm Spengel contra 1912
Biografía
Nacemento19 de febreiro de 1852
Hamburgo
Morte13 de abril de 1921
Giessen
Cargos
Reitor da Ludwigs-Universität de Gießen
Datos persoais
País de nacionalidadealemá
Formación profesionalDoutor en bioloxía
Actividade
Ocupaciónzoólogo, helmintólogo, profesor universitaro
Empregador
  • Justus-Liebig-Universität de Gießen
  • Ludwigs-Universität de Gießen.
Membro de
LinguaLingua alemá e lingua rusa Editar o valor em Wikidata
Obra
Abreviatura do autor en zooloxíaSpengel Editar o valor em Wikidata
Premios
Membro da Academia Leopoldina

Johann Wilhelm Spengel, nado o 19 de febreiro de 1852 en Hamburgo, e finado o 13 de abril de 1921 en Giessen, foi un zoólogo alemán especializado en helmintoloxía.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Tras acabar o seu abitur (bacharelato), Spengel estudou bioloxía e despois do seu doutoramento e habilitación foi profesor da Justus-Liebig-Universität de Gießen.

En 1886 comezou a traballar como editor da revista profesional Zoologische Jahrbücher. Ao mesmo tempo foi director do Instituto Zoolóxico de Gießen.

Durante a súa vida estivo activo durante moitos anos, e foi promotor da taxonomía de August Kohler dos moluscos con cuncha (1893), así como de Jan Versluys, pola súa investigación sobre o oído dos lacertilios e as tuataras (1898).

En 1887 foi elixido membro da Leopoldina.[1]

Entre 1897 e 1898, Spengel foi reitor da Ludwigs-Universität de Gießen.

Alguhas publicacións[editar | editar a fonte]

  • Die Darwinsche Theorie: Verzeichnis (1872).
  • Die Enteropneusten des Golfes von Neapel und der angrenzenden Meeresabschnitte (1893).
  • Zweckmässigkeit und Anpassung (1898).
  • Über Schwimmblasen, Lungen und Kiementaschen der Wirbeltiere (1904).
  • Neue Beiträge zur Kenntniss der Enteropneusten. Eine neue Enteropneustenart aus dem Golf von Neapel (1904).

Ademais, traduciu ao alemán e obra de Thomas Huxley A Manual of the Anatomy of Vertebrated Animals, que en Alemaña se titulou Grundzüge der Anatomie der wirbellosen Tiere.

Taxons descritos[editar | editar a fonte]

A Spengel débense as descricións de varios taxons, entre eles, Euthyneura.[2]

Abreviatura[editar | editar a fonte]

A abreviatura Spengel emprégase para recoñecer a Johann Wilhelm Spengel como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Leopoldina: Wilhelm Spengel. Ano de elección, 1887. Sección, Zooloxía Arquivado 15 de agosto de 2021 en Wayback Machine..
  2. Spengel J. W. (1881): "Die Geruchsorgane und des Nervensystem der Mollusken". Zeitschrift für wissenschaftliche Zoologie 35 (3): 333-383.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]