Joaquín Varela Suanzes-Carpegna

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Joaquín Varela Suanzes-Carpegna
Nacemento7 de abril de 1954
 Lugo
Falecemento1 de febreiro de 2018
 Oviedo
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónescritor, historiador e catedrático de universidade
editar datos en Wikidata ]

Joaquín Varela Suanzes-Carpegna, nado en Lugo o 7 de abril de 1954, e finado en Oviedo o 1 de febreiro de 2018[1], foi un escritor, xurista e historiador galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciouse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e comezou a traballar como profesor universitario na Universidade de Barcelona. En 1978 trasladouse á Universidade de Oviedo, onde traballou ata o seu falecemento e onde chegou a ter a cátedra de Dereito Constitucional.

A súa tese versou sobre a Constitución española de 1812. Os seus temas de investigación e docencia principal eran a historia do constitucionalismo, en particular en España, mais tamén do mundo anglosaxón[2]. Formou equipo de investigación cos tamén galegos Francisco Bastida e Ignacio de Otto.

Tras o seu falecemento, a súa biblioteca particular, de máis de tres mil volumes, foi doada á Facultade de Comercio, Turismo e Ciencias Sociais no Campus de Xixón da Universidade de Oviedo[3], na Laboral Ciudad de la Cultura, recibindo o nome de "Biblioteca de Historia Constitucional Joaquín Varela Suanzes-Carpegna" e sendo inaugurada o 31 de outubro de 2018[4].

Obra[editar | editar a fonte]

  • La teoría del Estado en los orígenes del constitucionalismo hispánico. Las cortes de Cádiz (1983)
  • Tradición y liberalismo en Martínez Marina (1983)
  • Derecho constitucional: teoría de la Constitución, principios estructurales, órganos y funciones constitucionales, canda Francisco Bastida e Juan Luis Requejo (1992)
  • Textos básicos de la historia constitucional comparada (1998)
  • Sistema de gobierno y partidos políticos: de Locke a Park (2002)
  • Álvaro Flórez Estrada (1766-1853) (2004)
  • El Conde de Toreno (1786-1843): biografía de un liberal (2005)
  • Propiedad e historia del derecho (2005)
  • Asturianos en la política española (2006)
  • Política y Constitución en España: (1808-1978) (2007)
  • La Constitución de 1812 (2008)
  • La Constitución de 1876 (2009)
  • El constitucionalismo español en su contexto comparado (2010)
  • Constituciones y leyes fundamentales (2012)
  • La monarquía doceañista (1810-1837): avatares, encomios y denuestos de una extraña forma de gobierno (2013)
  • Histoire constitutionnelle comparée et espagnole (Six études) (2013)
  • Agustín Argüelles. Orígenes del liberalismo progresista (2013)
  • La organización territorial del estado en España : del fracaso de la I República a la crisis del estado autonómico (1873-2013) (2013)
  • Política y Constitución en España: 1808-1978 (2014).
  • Algunas reflexiones metodológicas sobre la Historia Constitucional (2015)

Tamén editou os discursos parlamentarios do Conde de Toreno (2003), o ensaio Política y constitución, do autor decimonónico Jaime Balmes, e coeditou a obra completa de Ignacio de Otto.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Foi irmán do político e eurodeputado Daniel Varela.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Fallece el catedrático Joaquín Varela Suanzes-Carpegna, máxima autoridad en historia constitucional". La Nueva España. 1-2-2018. 
  2. "Fallece a los 63 años Joaquín Varela Suanzes-Carpegna, catedrático de Derecho Constitucional". El Comercio (en castelán). 1-2-2018. 
  3. I. Peláez (27-10-2018). "La meca del constitucionalismo". La Nueva España (en castelán) (Oviedo). Consultado o 5-11-2018. 
  4. J.M.C. (1-11-2018). "Joaquín Varela ya está en La Laboral". La Nueva España (en castelán) (Oviedo). Consultado o 5-11-2018.