Joaquín Pais Llorens
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de novembro de 1899 O Freixo de Sabardes, España |
Morte | 30 de decembro de 1960 (61 anos) Marín, España |
Alcalde de Redondela | |
1933 – 1933 ← Serafín Alonso Veiga – Serafín Dacosta Pazo → | |
Actividade | |
Ocupación | mestre, político |
Joaquín Pais Llorens, nado no Freixo de Sabardes (Outes) o 16 de novembro de 1899[1] e finado en Marín o 30 de decembro de 1960, foi un mestre e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Obtivo o título de Bacharelato no Instituto de Pontevedra en 1917.[2] Fíxose mestre. Exerceu na Pobra do Caramiñal e en outubro de 1918 trasladouse a Redondela. Aprobou as oposicións en 1920, non lle adxudicaron praza por non ter a idade regulamentaria e finalmente en decembro dese ano foi destinado á Escola Graduada de Redondela. En maio de 1921 foi elixido secretario da Asociación de Mestres de Redondela.
De setembro de 1921 a outubro de 1922 fixo o servizo militar e participou na Campaña de África da guerra do Rif. Foi director da escola graduada e tamén daba clases de Bacharelato na súa casa, sendo logo habilitado. En agosto de 1924 foi elixido vogal da Unión Patriótica. Na Segunda República foi elixido presidente da Comisión Xestora Municipal de Redondela en marzo de 1933, cesando no cargo logo das eleccións de abril dese ano.
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi suspendido de emprego e soldo e sufriu un expediente de depuración que tivo como resultado a súa destitución como mestre. Estivo preso por razóns políticas, pasou 18 meses nos cárceres de Celanova e Pontevedra. Posteriormente subsistiu dando clases particulares. Nos anos cincuenta montou un negocio de material eléctrico en Marín.
Predecesor: Serafín Alonso Veiga |
Alcalde de Redondela 1933 |
Sucesor: Serafín Dacosta Pazo |
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Herminda Amaro Conde e foi pai de María del Carmen Jesusa, José María e Joaquina Pais Amaro.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Amoedo López, Gonzalo; Gil Moure, Roberto (2002). Do Castro, ed. Redondela, crónica dun tempo pasado: A II República e o primeiro franquismo. Sada. p. 301. ISBN 84-8485-090-0.