Joaquín Campoamor
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de xaneiro de 1928 ![]() Navia, España ![]() |
Morte | 30 de xaneiro de 2019 ![]() Ferrol, España ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | político , enxeñeiro ![]() |
Empregador | Senado de España Astilleros y Talleres del Noroeste ![]() |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español ![]() |
Lingua | Lingua castelá ![]() |
Joaquín Campoamor Rodríguez, nado en Navia (Principado de Asturias) o 7 de xaneiro de 1928 e finado en Ferrol o 30 de xaneiro de 2019, foi un político galego do PSdeG-PSOE.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Enxeñeiro de profesión, foi escollido polo PSOE para figurar na segunda posición das súas listas ao Senado pola provincia da Coruña en 1982. Nesas eleccións lexislativas resultou escollido senador e permaneceu na Cámara Alta ata 1986[1].
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casado, tivo cinco fillos. Un deles, Joaquín Campoamor Brea, foi xefe de prensa en Ferrol durante o goberno do popular Juan Blanco.