Joan Feynman

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJoan Feynman

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento31 de marzo de 1927 Editar o valor em Wikidata
Far Rockaway, Estados Unidos de América (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte22 de xullo de 2020 Editar o valor em Wikidata (93 anos)
Oxnard, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Syracuse
Universidade de Columbia
Oberlin College (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Director de teseMelvin Lax (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfísica , astrofísica , astrónoma Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosCharles Hirshberg (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisMelville Arthur Feynman (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Lucille Feynman (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsRichard Feynman Editar o valor em Wikidata
Premios

WikiTree: Feynman-2 Find a Grave: 215459376 Editar o valor em Wikidata

Joan Feynman, nada en Queens (Nova York) o 31 de marzo de 1927 e finada o 21 de xullo de 2020, foi unha astrofísica americana.[1] Fixo contribucións importantes ao estudo de temas relacionados co vento solar, relacións Sol-Terra e física magnetosférica. En particular, Feynman foi coñecida por desenvolver a comprensión da orixe das auroras polares, e por crear un método para predicir as manchas solares.[2][3]

Vida temperá[editar | editar a fonte]

Feynman criouse en Far Rockaway, Queens, Cidade de Nova York, xunto co seu irmán máis vello, Richard Feynman.[2] A súa familia era orixinaria de Rusia e Polonia; ambos os proxenitores eran xudeus asquenací.[1][4] Como o seu irmán, Joan foi unha nena inquisitiva, e mostrou  interese en comprender o mundo natural dende unha idade temperá. Aínda así, tanto a súa nai como a súa avoa intentaron disuadila do seu interese pola ciencia.[5][6] A pesar disto, o seu irmán Richard sempre alentou a súa curiosidade sobre o universo, a introduciu no coñecemento das auroras[7] e fixo dela, con 5 anos, a súa 'axudante de laboratorio'.[8] Convenceuse de que, efectivamente, podía estudar ciencia, cando se topou cun gráfico baseado nas investigacións da notable astrónoma Cecilia Payne-Gaposchkin.

Formación[editar | editar a fonte]

Feynman graduouse na Universidade de Oberlin. Máis tarde asistiu á Universidade de Siracusa, onde estudou teoría do estado sólido no departamento de física dirixido por Melvin Lax.[9] Durante os seus anos de licenciatura, Feynman tomou un ano sabático para vivir en Guatemala, onde estudou a antropoloxía dos maias que alí viviron.[10] Feynman finalmente conseguiu o seu doutoramento en física en 1958. A súa tese trataba sobre a  "absorción de radiación infravermella en cristais de estruturas reticulares tipo diamante".[6] Tamén realizou traballo pos doutoral na Universidade de Columbia.

Carreira[editar | editar a fonte]

Entre 1960 e 1962 estivo retirada da investigación para poder coidar ós seus dous fillos, caendo na depresión e sendo aconsellada de volver ó traballo por un terapeuta. Volveu traballar, primeiro a tempo parcial, no Columbia University’s Lamont-Doherty Earth Observatory, onde comezou o estudo da magnetosfera.[8]

No 1971 comezou a traballar no Ames Research Center da NASA. Posteriormente, pasou ó High Altitude Observatory no National Center for Atmospheric Research en Boulder, Colorado, á National Science Foundation (NSF) e ó Boston College, pasando no 1985 ó Jet Propulsion Laboratory (JPL) en Pasadena, California, onde remataría a súa carreira e ó que seguiría ligada despois.[8]

Durante a súa carreira, Feynman foi autora ou coautora de máis de 100 publicacións científicas. Tamén editou tres libros científicos.

Premios e honras[editar | editar a fonte]

Feynman foi elixida dúas veces secretaria da Sección de Física Solar e Interplanetaria da Unión Americana de Xeofísica[9].

En 2002, Feynman foi designada como unha dos científicos sénior de elite do JPL.[11]

No mesmo 2002, foille outorgada como distinción a Medalla ao Logro Excepcional da NASA.[11]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "1940 United States Federal Census - Joan Feynman". Consultado o 1 de abril de 2013. 
  2. 2,0 2,1 "My Mother, the Scientist". Bonnier Corporation. 18 de abril de 2002. Arquivado dende o orixinal o 20 de xuño de 2016. Consultado o 1 de decembro de 2018. 
  3. "Joan Feynman la física de las auroras". Consultado o 8-2-2020. 
  4. "Feynman biography". Consultado o 31 de marzo de 2013. 
  5. Feynman (1st ed.). New York: First Second. 2011. ISBN 978-1-59643-259-8. 
  6. 6,0 6,1 1918-1988. No ordinary genius : the illustrated Richard Feynman (1st ed ed.). Norton. ISBN 0393036219. OCLC 28927186. 
  7. "Joan Feynman - The Aurora". Consultado o 31 de marzo de 2013. 
  8. 8,0 8,1 8,2 "Joan Feynman 1927–2020". www.aps.org (en inglés). Consultado o 2020-08-17. 
  9. 9,0 9,1 "Wayback Machine" (PDF). 11 de maio de 2012. Archived from the original on 11 de maio de 2012. Consultado o 3 de decembro de 2018. 
  10. "QuickTime: Joan Feynman, Caltech & KITP, Climate Stability and its Effect on Human History". Consultado o 3 de decembro de 2018. 
  11. 11,0 11,1 "Space and Astrophysical Plasmas: People: Joan Feynman". Jet Propulsion Laboratory. Arquivado dende o orixinal o 17 de xullo de 2012. Consultado o 5 de abril de 2013.