Joan Cornellà

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJoan Cornellà

Cornellà no 2014.
Nome orixinal(es) Joan Cornellà Vázquez Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento11 de xaneiro de 1981 (43 anos)
Barcelona, Cataluña Cataluña
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónartista de banda deseñada Editar o valor em Wikidata
EmpregadorEl Jueves Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoBanda deseñada
LinguaLingua castelá e lingua catalá Editar o valor em Wikidata

Páxina webjoancornella.net Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm7110392 Facebook: joancornella Twitter: sirjoancornella Instagram: sirjoancornella Tumblr: cornellajoan Youtube: UC4UHJRFbzu7JXNjeUBd8dwQ Discogs: 5249986 Editar o valor em Wikidata

Joan Cornellà Vázquez, nado en Barcelona o 11 de xaneiro de 1981, é un ilustrador e autor de banda deseñada catalán. As súas viñetas caracterízanse por ser unha mestura entre surrealismo e humor negro.[1] Gañou recoñecemento a través da difusión das súas obras por Facebook.[2]

É defensor da ilimitación da liberdade de expresión.[3]

As súas historietas seguen o mesmo esquema de seis viñetas mudas. Ademais, nunca trata temas locais ou relacionados cun país concreto.[3]

Biografía[editar | editar a fonte]

Colaborou en publicacións como La Cultura del Duodeno, El Periódico, Le Monde, TMEO, o diario Ara e The New York Times.

No 2009, gañou a terceira edición do Premio Josep Coll na categoría de menores de 30 anos con Abulio, publicado o ano seguinte por Ediciones Glénat.[4]

Máis tarde empezaría a colaborar coa revista El Jueves realizando historietas para a sección de actualidade. No 2012, aparece Fracasa mejor, unha selección das historietas en branco e negro realizadas durante os tres anos anteriores. Gran parte do material é inédito, aínda que tamén contén material publicado en El Jueves e diversos fanzines.

No 2013, publica Mox Nox, unha recompilación de historietas mudas dunha soa páxina e autoconclusivas, cuxo contido está considerado humor negro e absurdo.

Obra[editar | editar a fonte]

Ano Título Formato Publicación ISBN
2010 Abulio 64 páxinas en B/N Ediciones Glénat ISBN 978-84-9947-031-3
2012 Fracasa Mejor 48 páxinas en B/N. 17x23cm Autoedición
2013 Mox Nox 48 páxinas en cor Bang ediciones ISBN 978-84-1505-197-8
2015 Zonzo 48 páxinas en cor Autoedición

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Hooton, Christopher (4 de novembro de 2015). "13 of Joan Cornellà’s darkest comic strips". Independent. Consultado o 22 de febreiro de 2016. 
  2. Chaves Espinach, Fernando (13 de marzo de 2015). "Joan Cornellà: ‘Lo que nos hace reír es lo que es tabú’". Nación. Consultado o 22 de febreiro de 2016. 
  3. 3,0 3,1 Solano B., Andrea (13 de marzo de 2015). "La moda y el humor se dan la mano en la antigua Fanal". Nación. Consultado o 22 de febreiro de 2016. 
  4. Yexus (2010): «Los nombres que saltan a escena», artigo do 8 de novembro de 2010 en El Diario Montañés.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]