TMEO

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

TMEO é unha revista de historietas vasca, de periodicidade bimestral, publicada en Vitoria por Ezten Kultur Taldea e fundada en 1987. O seu nome é un xogo de palabras coa clásica revista de historietas española TBO e o verbo "mexar" (no logotipo da revista ilústrase esta mesma idea). A revista caracterízase tanto polo seu uso do humor escatolóxico como pola súa acidez das súas sátiras políticas.[1]

TMEO carece de subvencións e os seus colaboradores traballan de forma desinteresada, sen cobrar ren.[2] Entre estes destacan Abarrots, Alvarortega, Ata, Mauro Entrialgo, Furillo, Javierre, El Listo, Ernesto Murillo, Roger, Santi Orúe, Piñata, Álvarez Rabo, Manolito Rastamán, Mikel Valverde, Alfonso Tamayo ou Bernardo Vergara, algúns dos cales acabaron en revistas de maior difusión, como El Jueves ou a desaparecida El Víbora. O seu coordinador é Kini (Joaquín Delgado).[3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Kini, Ata e Abarrots debaten sobre o TMEO
(Salón do Cómic de Getxo, 2007)

TMEO naceu como resultado da reunión dun grupo de autores que colaboraban en dous fanzines desaparecidos, Hamelín, de Pamplona, e Octopus, de Vitoria.

O primeiro número publicouse en Pamplona o 4 de xuño de 1987, contando desde entón para a súa distribución cun repartidor fixo e unha furgoneta.[2] Kini recorda así os inicios da publicación:

Moviámonos sobre todo pola Zona Vella, pola zona de bares típicos de Pamplona que era por onde se deambulaba e por onde faciamos vida... E unha cosa levaba a outra. Vivías alí, alí tomabas os potes e alí deixabas as revistas. E recordo a mítica baixeira que tiñamos ao lado do río Arga, e que cada vez que había unha crecida do río, todos correndo a poñer a salvo as caixas do TMEO...[2]

En pouco tempo, a revista foise centrando nas historietas de humor, abandonando os outros xéneros.[1]

Cara ao número 14 intentaron profesionalizarse (tirada masiva, distribución estatal...), pero desistiron tras só catro números.[4]

No seu número 99 (xuño de 2008), Nono Kadáver finalizou a serie Toni Bolinga, despois de 22 anos. Por contra, incorporáronse traballos de novos autores, Enrique García, Rueda e a Leoparda de Rekalde.[3]

En 2009, adhírense novos personaxes, como o robot artificieiro C-3-Pe-Do, de Kalitos ou El jevi satánico disléxico, de Galais.[5]

Táboa de series habituais e autores[editar | editar a fonte]

Anos Números Título Autoría Outros datos
1987-presente 0-actual Herminio Bolaextra Mauro Entrialgo Tamén na revista Makoki
1987-2008 1-99 Toni Bolinga Nono Cadáver
1988 Cómo... Álvarez Rabo[6]
1991 Los Galindos Alvarortega[7]
1992 Kojón Prieto y los Huajalotes Jokin[8]
Javi Cabrero Gol
Doctor Espárrago Ata
Antolín Santi Orue
Capitán Parrús Cubo
Sarmiento, empleado del ayuntamiento Carmelo Manresa
Pocho Mondo Tamayo
Tifus Piñata
1996- Los Vallekurros Javierre
2000- El Maestro Furillo
2002-2009 -106 Los Euskalorros Abarrots
Domingo Mecaso Roger
2007- 94- El Listo Xavier Àgueda
11-12/2007- 96- Johnny Sarro El Diek[1]
2008- 101- Las mallas parlantes Mery Cuesta
2009 C-3-Pe-Do Kalitos
2009 El jevi satánico disléxico Galais
Ibon Marley M460

Outros colaboradores habituais[editar | editar a fonte]

  • Koldo de Barakaldo
  • Leticia Concé
  • Cubo
  • Eskiroz
  • Exkoriax
  • Carol Galais
  • Kini
  • Larri
  • Manresa
  • Maxi
  • Palli
  • Manolito Rastamán
  • Gustavín Vadillo
  • Miguel Vadillo
  • Mikel Valverde

Antigamente tamén publicaban no TMEO:

Homenaxes e premios[editar | editar a fonte]

En novembro de 2007, TMEO recibiu no Salón do Cómic e Manga de Getxo un premio honorífico en recoñecemento aos seus vinte anos de traxectoria.[9]

En 1989 obtivo o premio ao mellor fanzine no Salón do Cómic de Grenoble (Francia).

En dúas ocasiones gañou o mesmo premio no Salón do Cómic de Barcelona (1990 e 2001).

Colección TMEO[editar | editar a fonte]

Ezten Kultur Taldea recopilou parte do material previamente serializado na revista en forma de álbums monográficos:

Número Título Guión Debuxo Páxinas Tamaño Ano Comentario
1 El enemigo del mundo entero J. Resano J. J. Chas, Bernardo Vergara 45, b/n 20 x 28 cm 1992
2 Secuestro en las Bardenas Javier Murillo Ernesto Murillo 20 x 28 cm 1992
3 Herminio Bolaextra Mauro Entrialgo Mauro Entrialgo 60, b/n y color 20 x 28 cm 1993 Seis edicións
4 Historias raberas Álvarez Rabo Álvarez Rabo 20 x 28 cm 1993
5 Castigo de Dios Jokin Jokin 20 x 28 cm 1993
6 Supercalvo! Alberto Calvo Alberto Calvo 20 x 28 cm 1993
7 La pájara VV. AA. VV. AA. 51, b/n y color 20 x 28 cm 1995 Co subtítulo de "Almanaque ciclista de humor - 1995"
8 Paco el Chota Mauro Zorrilla Ernesto Murillo 51, b/n y color 20 x 28 cm 1995
9 Consejos sexuales Álvarez Rabo Álvarez Rabo 51, b/n y color 20 x 20 cm 1996
10 Tyrex Mauro Entrialgo Mauro Entrialgo 56, b/n y color 20 x 28 cm 1997 Reeditado en 2009 por Diábolo Ediciones
11 Guarras Ata Ata 20 x 20 cm 1997
12 El comisario Canaille Mikel Valverde Mikel Valverde 20 x 28 cm 1998
13 Zaldi Eroa Patxi Huarte Patxi Huarte 20 x 28 cm 1998
14 Tres sin raya Abarrots, Piñata, Roger 20 x 28 cm 1999
15 Siempre en forma Mauro Entrialgo Mauro Entrialgo 56, b/n y color 20 x 28 cm 2001
16 Tony Bolinga Nono Kadaver Nono Kadaver 20 x 28 cm 2001
17 Hasta el Rabo Álvarez Rabo Álvarez Rabo 20 x 28 cm 2001
18 Un tebeo con grandes aspiraciones Ata Ata 2002
19 Piñata a go-go Piñata Piñata 20 x 28 cm 2002
20 Yo follé con Fraga Roger Roger 20 x 28 cm 2003
21 Seamos objetivos Santi Orúe Santi Orúe 20 x 28 cm 2003
22 Consejos sexuales de Álvarez Rabo (Segunda parte) Álvarez Rabo Álvarez Rabo 20 x 20 cm 2003
23 Ciencia infusa Simónides Simónides 20 x 28 cm 2004
24 Cada cosa a su tiempo Gol 20 x 28 cm 2004
25 Donde hay pelo hay alegría Furillo Furillo 66, b/n 20 x 28 cm 2004
26 Las aventuras de los Vallekurros Javierre Javierre 20 x 28 cm 2005
27 ¿Me puede repetir la pregunta? Alvarortega Alvarortega 2005
28 Euskalorros Abarrots Abarrots 20 x 28 cm 2005
29 Toni Bolinga 2 Nono Kadáver Nono Kadáver
30 Los carteles del TMEO VV. AA. VV. AA. 2006
31 Historietas y chorradas varias de pésimo gusto Ata Ata 60, b/n y color 20×20 cm
32 Basura Piñata Piñata 68, con 16 en color[9] 28×20 cm 2007
33 Eres un enfermo del Photoshop Santi Orúe Santi Orúe
34 4 días gamberros Manolito Rastamán Manolito Rastamán 64, b/n 20 x 28 cm
35 La verdad es ilegible Roger Roger 64, b/n y bitono y color 20 x 28 cm
36 Donde hay pelo hay alegría 2 Furillo Furillo 68, b/n y color 20 x 28 cm 2008 Un terzo das páxinas son inéditas.[10]
37 Cargados de zumosol Palli Palli 68, mayormente en color 28×20 cm 04/2009 Antoloxía da súa obra para a revista, desde 1988.[5]
38 Mondo Pocho: Level 1 Alfonso Tamayo Tamayo 68 a todo color 28×20 cm 2009
39 ¡Hijos del Speed! Abarrots Abarrots 28×20 cm 2009
40 Qué buenos son los buenos y qué malos son los malos Santi Orue Santi Orue 28×20 cm 2010
41 Sarmiento Empleado del Ayuntamiento Carmelo Manresa Carmelo Manresa 28×20 cm 2010
42 El Listo Xavier Àgueda Xavier Àgueda 66, b/n 28×20 cm 2010 Prologado por Mauro Entrialgo
43 A verlas venir Gol Gol 66, color 28×20 cm 2011
44 El Maestro: ¡Va por uztede! Furillo Furillo 66, b/n 20 x 28 cm 2011

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Mangana, David (25/06/2012). 'TMEO': 25 años en toda la jeta, "Deia".
  2. 2,0 2,1 2,2 Echevarría, Paola (17/06/2012). "Nos tachan de demasiado brutales, pero más bestia que la realidad no hay nada" Arquivado 23 de novembro de 2012 en Wayback Machine., "Diario de Noticias".
  3. 3,0 3,1 A. N. (19/06/08). El cómic TMEO celebrará en septiembre sus 100 entregas con un número extraordinario, El Correo.
  4. Mangana, David (01/07/2012). "Lo nuestro es estar en bares y en la puta calle; y no sólo estar, sino reflejar lo que ahí se mueve"". Noticias de Alava (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 11/04/2013. Consultado o 26/07/2012. 
  5. 5,0 5,1 Artundo, N. (06/04/2009). El TMEO se ríe de la crisis, "El Correo".
  6. Cuadrado (2000), p. 43.
  7. Cuadrado (2000), p. 44.
  8. Cuadrado (2000), p. 677.
  9. 9,0 9,1 Artundo, N.(11/10/2007). La revista TMEO recibirá un premio honorífico en el salón de Getxo, El Correo.
  10. Artundo, N. (28/12/2008). La crisis económica y las navidades son los ejes del nuevo número del TMEO, El Correo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]