Joan Colom

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Joan Colom
Cross of Saint George (Catalan Government Award).svg
Joan Colom i Altermir al MACBA.jpg
Colom
Nome completoJoan Colom i Altemir
Nacemento1921
 Barcelona, Cataluña Cataluña
Falecemento3 de setembro de 2017 (96 anos)
 Badalona, Cataluña Cataluña
ÁreaFotografía
editar datos en Wikidata ]

Joan Colom i Altemir, nado en Barcelona en 1921, e finado o 3 de setembro de 2017, foi un fotógrafo catalán, un dos pioneiros na composición de series fotográficas.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en 1921 en Barcelona. Tras estudar contabilidade e traballar nunha empresa iniciouse, de forma autodidacta, no mundo da fotografía ingresando en 1957 na Agrupación Fotográfica de Cataluña (AFC). Así mesmo, en 1960 participou na creación do grupo artístico "El Mussol".

No 2002 foi galardoado co Premio Nacional de Fotografía concedido polo Ministerio de Cultura de España, no 2003 coa Medalla de Ouro ó Mérito Cultural concedida polo Concello de Barcelona, no 2004 co Premio Nacional de Artes Visuais e no 2006 coa Creu de San Jordi, concedidas estas dúas últimas distincións pola Generalitat de Cataluña.

Faleceu o 3 de setembro de 2017 á idade de 96 anos.[1]

Actividade fotográfica[editar | editar a fonte]

En 1958 iniciou a súa actividade presentando un seguido de fotografías ó IV Salón Internacional de Fotografía de Murcia, do cal recibiu o sétimo premio. Ese ano empezou a interesarse pola realidade existente no Barrio Chinés de Barcelona, o actual Raval, converténdose nun dos principais ollos da realidade existente.

En 1962, viaxou a París seleccionado nunha mostra da fotografía española do momento, á beira, entre outros, de Xavier Miserachs e Oriol Maspons e agrupados no movemento denominado "Nova Vanguàrdia", os cales serían os precursores da composición en series fotográficas, e inspirados fortemente nos traballos de Francesc Catalá Roca, Cartier-Bresson ou Man Ray.

Notas[editar | editar a fonte]