Saltar ao contido

João Lourenço

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJoão Lourenço
Biografía
Nacemento5 de marzo de 1954 Editar o valor en Wikidata (72 anos)
Lobito Editar o valor en Wikidata
Presidente da Unión Africana
febreiro de 2025 
4º Presidente de Angola
26 de setembro de 2017 
 José Eduardo dos Santos
Ministro da Defesa Nacional de Angola (pt) Traducir
22 de abril de 2014 – 26 de setembro de 2017
Governador de Benguela (pt) Traducir
Membro da Asemblea Nacional de Angola


Circunscrición electoral: Círculo Eleitoral Nacional de Angola (pt) Traducir
Membro da Asemblea Nacional de Angola


Circunscrición electoral: Círculo Eleitoral Nacional de Angola (pt) Traducir
Governador do Moxico (pt) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónAcademia Político-Militar V. I. Lénine (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, militar, ministro Editar o valor en Wikidata
Partido políticoMPLA Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rango militarcoronel-general (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Participou en
23 de xaneiro de 2018Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2018 Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeAna Dias Lourenço Editar o valor en Wikidata
Premios

WikiTree: Lourenço-182

João Manuel Gonçalves Lourenço, nado en Lobito o 5 de marzo de 1954, é un político angolano, Presidente de Angola dende o 26 de setembro de 2017.[1] Foi elixido Presidente da República o 23 de agosto de 2017. Anteriormente foi Ministro de Defensa entre 2014 e 2017.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Participou na guerra de independencia contra as forzas coloniais portuguesas, que rematou en 1975. Logo estudou historia na Unión Soviética entre 1978 e 1982 na Academia Lenin. Ocupou varios cargos no Movemento Popular para a Liberación de Angola (MPLA, un partido inicialmente inspirado polo marxismo-leninismo). A súa carreira militar levouno a servir como comisionado provincial e logo como líder político nacional das FAPLA (Forzas Armadas Populares de Liberación de Angola).

Foi secretario xeral do MPLA de 1998 a 2003. Cando o presidente José Eduardo dos Santos dixo ó final da guerra civil de Angola en 2002 que pensaba deixar o poder, Lourenço xa se perfilaba para sucedelo. Mais dos Santos era un estratego, e a súa declaración só se realizou para identificar ós ambiciosos. João Lourenço foi despedido da secretaría xeral do partido gobernante. Lourenço non era a elección principal do xefe de Estado para sucederlo. Dos Santos primeiro favoreceu ó seu fillo, José Filomeno de Sousa dos Santos, pero os cadros históricos do MPLA eran hostís a esta opción dinástica. Dos Santos tratou entón de impor a un home que lle debía todo, Manuel Vicente, o expresidente da petroleira Sonangol, que non pasara polo exército nin polo partido, e atopábase descualificado por casos de corrupción. Entre 2003 e 2014, João Lourenço converteuse en primeiro vicepresidente da Asemblea Nacional. En abril de 2014, tomou unha posición importante no goberno ó ser nomeado Ministro de Defensa. En agosto de 2016, tamén se converteu en vicepresidente do MPLA.[2]

A finais de decembro de 2016, o MPLA, encabezado por dos Santos, elixiu a João Lourenço como candidato presidencial para as eleccións lexislativas do mes de agosto de 2017. A súa elección foi consensual dentro do partido, sendo considerado un moderado. Segundo o ex primeiro ministro Marcolino Moco, "Lourenço era dunha á prudente no momento da caída do Muro de Berlín". Varias veces presente en Portugal durante os festivais do xornal Avante! e nos congresos do Partido Comunista Portugués, João Lourenço foi membro da delegación do MPLA no momento da súa adhesión á Internacional Socialista.[3]

En febreiro de 2017, dos Santos declarou oficialmente que non era candidato á presidencia para as eleccións de agosto de 2017 e que João Lourenço era o candidato do MPLA.[4] Trala vitoria do MPLA nas eleccións xerais, foi elixido Presidente da República e asumiu as súas funcións o 26 de setembro de 2017.[5]

En setembro de 2018, João Lourenço converteuse en líder do MPLA trala decisión de José Eduardo dos Santos de retirarse. Foi elixido no VI Congreso extraordinario do partido cun 98.59% dos votos.[6]

Asumirá o seu cargo como presidente da Unión Africana a partir do 15 de febreiro de 2025, durante 1 ano[7].