Avante!

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Avante! Candidatura Veciñal é unha formación municipalista do concello de Cangas.

Está formada por xente de esquerdas, que funciona de xeito democrático e asembleario. Naceu no 2019[1] despois dun proceso aberto de debate, desde a base das asembleas e encontros entre persoas iguais, sen tutelas nin pactos entre partidos.

Nas eleccións municipais do 2019 obtivo 1.655 votos, o que supuxo o 12´21% do censo e tres concelleiros na corporación municipal.[2][3]

Estaba integrada dentro da coalición En Marea.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Martínez, Gonzalo (24 de febreiro de 2019). ""Avante!", nombre de la candidatura vecinal de izquierdas que optará a la Alcaldía de Cangas". farodevigo.es (en castelán). Consultado o 3 de outubro de 2020. 
  2. "Municipales. Mayo 2019. Cangas". infoelectoral.mir.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 26 de marzo de 2019. Consultado o 3 de outubro de 2020. 
  3. "Pleno". cangas.gal. Consultado o 3 de outubro de 2020. 
  4. "Mareas locais". enmarea.gal. Consultado o 3 de outubro de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]